Sant Adrià de Besòs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Sant Adrià de Besòs
Liña 6:
Ao ser un pobo próximo ao [[río Besós]] sufría as chamadas "besosadas" (aumentos do caudal do río) que destruían a poboación por inundacións. Tamén ao atoparse no camiño por onde se atravesaba o río para chegar á cidade de Barcelona supúxolle problemas. As tropas inimigas que pasaban por alá dirixíndose á cidade destruían o pobo ao seu paso, como ocorreu os anos [[1114]] debido aos musulmáns e [[1697]] aos franceses.
 
Na [[revolución industrial]] empezáronse a implantar as industrias crecendo os habitantes da poboación e ao principio do século XX obtivo un novo empuxe grazas aosás seussúas dousdúas [[central térmica|centrais térmicas]]: ''Enerxía Eléctrica de Cataluña'' (posteriormente [[Endesa|FECSA]]) e ''Compañía de Fluído Eléctrico'' (popularmente coñecida como A Catalá).
 
En [[1938]], durante a guerra civil Española, foi bombardeada xa que era punto de interese militar polas súas centrais térmicas así como as súas fábricas. En [[2007]] rehabilitouse como museo un dos refuxios antiáreos utilizado polos cidadáns.
 
A día de hoxe conta con empresas do sector de servizos, industrias e as [[central térmica|centrais térmicas]] situadas a cada lado do río. Das centrais térmicas a máis famosa posúe tres chemineas de 200 m que producen alto nivel de contaminación, tanto ambiental como paisajisticapaisaxística.
 
Actualmente leváronse a cabo diversos proxectos con para mellorar a calidade da auga do río, como a rehabilitación das beiras do [[río Besós]]. Tamén se realizaron cambios importantes grazas á celebración do [[Fórum 2004]] retornando o tranvía á poboación. Ademais o acontecemento serviu para embelecer a zona costeira e crear un porto deportivo moderno, renovando as instalacións das depuradoras da zona. Tamén se atopa en fase de renovación dalgúns barrios así como a creación de novas zonas de vivendas.
 
==Barrio de ''La Mina''==