Comarca do Salnés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Galería de imaxes: + mapa en svg cos municipios e localización na provincia
Elvire (conversa | contribucións)
m ligazón interna
Liña 2:
'''O Salnés''' constitúe un dos máis importantes enclaves [[turismo|turísticos]] de [[Galiza]]. A grandes trazos, está comprendido entre a [[ría de Arousa]] polo norte e a [[ría de Pontevedra]] polo sur, formando parte das denominadas [[Rías Baixas]]. Son nove os municipios que forman parte desta comarca: [[Cambados]], [[O Grove]], [[A Illa de Arousa]], [[Meaño]], [[Meis]], [[Ribadumia]], [[Sanxenxo]], [[Vilagarcía de Arousa]] e [[Vilanova de Arousa]].
 
Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do [[río Umia]]. No ''[[ParroquialParochiale Suevosuevorum]]'' do [[século VI]] faise mención á Comarca Saliniense.
 
Esta comarca ten unha poboación de 104.139 habitantes, que se reparten nunha extensión de 265,81 km². A media anual de temperatura máxima é de 20°C e a temperatura mínima de 5°C.