Silverio, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: zh:教宗维理
Elvire (conversa | contribucións)
datos traducidos de es:Silverio
Liña 1:
{{Papas en progreso}}{{PapS-VI}}
[[Ficheiro:Silverius.jpg|thumb|left|Silverio]]
'''Silverio''' (* [[Frosinone]], ¿? - † [[Palmarola]], 11 de novembro de [[537]]). [[Papa]] n.º 58 da Igrexa católica de [[536]] a 537.
 
Fillo lexítimo do papa [[Hormisdas, papa|Hormisdas]] que estivera casado antes de ser ordenado sacerdote, Silverio era subiácono en Roma cando o papa [[Agapito I, papa|Agapito I]] faleceu mentres se atopaba en [[Constantinopla]]. Elixido Papa co apoio do rei ostrogodo [[Teodato]], encontrouse co rexeitamento do emperador bizantino [[Xustiniano I]] quen, influenciado pola súa esposa Teodora, quería sentar no trono de San Pedro a [[Vixilio, papa|Vixilio]] máis próximo ás ideas [[monofisismo|monofisitas]] da emperatriz e que se encontraba nese momento en Constantinopla. Vixilio dirixiuse a [[Roma]], sen coñecer a elección de Silverio, portando cartas para o xeneral bizantino [[Belisario]] nas que se lle ordenaba que apoiase a súa elección como papa. Belisario dirixiuse a Roma á fronte do seu exército e a cidade, tras expulsar os [[godos]], abriulle, o [[9 de decembro]] de [[536]], as súas portas sen loita temendo un saqueo como o que sufrira [[Nápoles]] ás mans dos [[bizantinos]]. O rei [[Vitixes]], que sucedera a [[Teodato]], asediou entón á cidade de Roma deixando illado a Belisario no seu interior. Non obstante o feito de que non intentasen o asalto da cidade serviu de base para acusar a Silverio de estar a planear cos godos a rendición da cidade facilitándolles a entrada. Esta acusación serviu de escusa a Teodora para lograr o seu obxectivo de sentar a Vixilio na sede papal, xa que provocou o arresto de Silverio que foi despoxado das vestiduras pontificais en marzo de [[537]] e enviado ao exilio na cidade de [[Patara]] na actual [[Turquía]]. O [[bispo]] de Patara intercedeu a favor de Silverio ante o emperador Xustiniano e logrou que este anulase o desterro e lle permitise regresar a [[Italia]] para que intentase demostrar a falsidade da acusación de traizón. Unha vez en Italia, foi non obstante recluído, por orde de Teodora, na illa de Palmarola onde faleceu o [[11 de novembro]] de [[537]].
 
Posteriormente foi beatificado e santificado, sendo patrón da illa de Ponza, en Italia.
[[Categoría:Papas]]