Toxicidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 21:
 
===Raza===
As diferenzas raciais están tamén relacionadas con diferenzas no [[xenotipo]] (carga xenética dos individuos).
*Atropina: Os nixerianos con [[insuficiencia cardíaca conxestiva]] responden mellor o tratamento con [[atropina]] ca outras razas.
*[[Lipoproteina]] A: A xente de raza negra ten niveis substancialmente máis altos ca xente de raza branca, e por iso son máis sensibles a toxicidade hepática.
 
===Sexo===
A actividade biolóxica en machos e femias non é mesma. Debido a isto tamén se observan diferentes respostas a diversos fármacos ou elementos.
*[[Amiodarona]]: causa [[neuropatía]] máis frecuentemente en mulleres.
*[[Haloperidol]]: Mulleres esquizofrénicas premenopausicas amosan unha resposta terapéutica mellor os [[neurolépticos]] cos homes pero despois da [[menopausia]] teñen síntomas extrapiramidais máis pronunciados ca eles.
*[[Alcohol]]: afecta mais as mulleres, entre outras razóns porque teñen menor proporción de auga corporal, polo que alcanza maiores concentracións no [[sangue]].
 
===Idade===
En nenos, a [[absorción]], [[distribución]], [[metabolismo]] e [[excreción]] de fármacos poden diferir considerablemente en comparación con estes factores en adultos; por conseguinte, existen diferenzas na eficacia terapéutica e na toxicidade de diversas fármacos.
*Terapia antibiótica para [[infeccións]] severas en nenos. Certos fármacos como [[cloramfenicol]] en doses altas, as [[sulfonamidas]], e a [[tetraciclina]] non deberían ser usados en [[neonatos]], debido a maior toxicidade. Debido a pobre [[conxugación]], inactivación ou excreción, as concentracións en soro de moitos antibióticos poden estar máis elevadas e por tempo máis prolongado en neonatos ca nos outros nenos. Por tanto nos neonatos poden ser necesarios axustes nas doses de axentes antimicrobianos para infeccións severas, empregando doses baixas e a intervalos máis longos.
*[[Chumbo]]: é un axente [[neurotóxico]], pero especialmente en nenos porque os efectos mais prexudiciais prodúcense sobre o desenvolvemento neuronal, por iso os nenos son máis vulnerables.
*[[Polución]]: Enfermidades respiratorias relacionadas ca contaminación ambiental son causa común de [[morbilidade]] e [[mortalidade]] en nenos menores de 5 anos e tamén en anciáns.
*Exposición percutánea o [[metanol]]: pode causar dano ocular severo ([[neurite óptica]], dano retiniano) en nenos pero non en adultos.
*[[Clorpirifosfatos]]: CPF é máis neurotóxico en nenos ca en adultos, xa que interfire mecánicamente na división e diferenciación celular, causando alteracións da [[neurotransmision]].
*[[Pesticidas]] coma o [[abamectin]] e [[acefato]], ten efectos máis rápidos nos adultos ca nos xóvenes.
 
===[[Tolerancia]]===
*O termo é aplicado cando a reacción dun suxeito a un fármaco ou droga diminúe a medida que se administran ou consumen doses continuadas. Como consecuencia disto doses cada vez máis grandes son precisas para lograr o mesmo efecto. A tolerancia pode involucrar tanto tolerancia psicolóxica coma fisiolóxica. Entre as sustancias que a producen de modo característico atópanse os [[opiáceos]] ([[morfina]], [[heroína]]...) e as [[benzodiacepinas]] (fármacos ansiolíticos).
*Tamén se pode producir a tolerancia cruzada: isto é que un fármaco/droga produce tolerancia a outro. Trátase de undun fenómeno farmacolóxico, no cal un paciente que é tratado cun fármaco mostra unha resistencia fisiolóxica a ese medicamento como resultado da tolerancia que desarrollou a outro similar. Por exemplo a tolerancia alta á [[anfetamina]] como estimulante pode tamén inducir tolerancia a [[metamfetamina.]]. E bastante característica de certas adicións coma [[alcohol]], fármacos, [[rapé]]...
 
===[[Saúde]] / [[enfermidade]]===
Nos enfermos a maior parte das funcións fisiolóxicas están alteradas. Así os pacientes que teñen doezas cardiacas, renais ou hepáticas (do [[fígado]]) son mais susceptibles os efectos dos tóxicos.
 
==Véxase tamén==