Litografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
otra traducción resumen que tenía preparado
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2009 ás 20:49

A litografía é un procedimento de impresión, hoxe case en desuso salvo para a obtención e duplicación de obras artísticas. O seu creador foi Aloys Senefelder, de orixe alemán. Etimoloxicamente a palabra litografía vén dos termos gregos lithos pedra e graphe debuxo.

Prensa para litografía

Definición

A técnica litográfica basease no desvío recíproco entre substancias lipoficas e hidrofilas, isto quere dicir que a auga rexeita as tintas graxas; as zonas que imprime e as que non imprime se encontran no mesmo nivel, por iso as matrices litográficas chámanse tamén planograficas.

Características

 
Pedra empregada para litografía. (Motivo:fachada da Universidade de Princeton)

Para este tipo de impresión utilízase unha pedra calcaria pulimentada sobre a que se debuxa a imaxe a imprimir cunha materia graxa, ben sexa mediante lápiz ou pincel. Este proceso basease na incompatibilidade da graxa e a auga. Unha vez a pedra humidecida, a tinta de impresión só queda retida nas zonas debuxadas previamente.

Para cada cor debe usarse unha pedra distinta e, evidentemente, o papel terá que pasar pola prensa de imprimir tantas veces como tintas se emprexe. Nos carteis impresos mediante o sistema litográfico, tan frecuentes na segunda metade do século XIX e primeiras décadas do século XX, utilizábanse quince, vinte ou máis tintas.

O inventor deste sistema de impresión foi o tipógrafo alemán Alois Senefelder (1771-1834).

Asimismo, receben o nome de litografía, ademais do sistema de impresión, cada un dos exemplares obtidos por este procedimento así como o taller onde se realiza este tipo de traballos.

Ligazóns Externas

Véxase tamén