Peltre: Diferenzas entre revisións

aliaxe de metal maleable formada principalmente por estaño
Contido eliminado Contido engadido
prueba 1
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2009 ás 20:29

O peltre é unha aleación de zinc, chumbo, estaño e antimonio, maleábel, mol e de cor branca con algunha similitude á prata, pouco reactivo e funde a 320 ºC polo que a súa utilización para adornos é moi común. Esta substancia foi utilizada por Niepce para tomar a primeira fotografía. Duradeiro e maleábel, co tempo adquire unha interesante pátina e pode ser forxado de calquera forma.

Plato de peltre.

Tradicionalmente cunha composición do 85 ao 99% de estaño, e restos de 1-4 % de cobre para darlle dureza, se selle agrega un pequeno porcentaxe de chumbo vólvese azulado. O seu aspecto é brillante, pulido e parecido á prata, que ao igual que este metal tende a enegrecerse por efecto da oxidación se non recebe tratamento químico. O peltre é maleábel, e defórmase á horma da man cando se apreta fortemente. Ten un baixo punto de fusión.

Tradicionalmente hai tres tipos de peltre:

  • Fino: Material de cobertos. Composto de 96-99% de estaño e 1-4% de cobre.
  • Trifle: Tamén para cobertos e louza rústica. Composto de 92% de estaño, 1-4% de cobre e máis do 4% de chumbo.
  • Lai: También chamado Lei. Normalmente non é utilizado en cobertos, por conter máis do 15% de chumbo e pequenas cantidades de antimonio.

Historia

O peltre era utilizado polos romanos na construción de acuedutos, durante a Idade Media para a fabricación de adornos e era utilizado nas igrexas máis pobres como substituto da prata; Durante a Idade Media o peltre creceu en popularidade, substituíndo as louzas de madeira nas casas acomodadas, igual sucedeu en Estados Unidos durante os séculos XVIII e XIX en casas de clase media e alta.

Popularmente tamén se chama peltre aos utensilios de metal bañados cunha capa cerámica ou esmalte cerámico, xeralmente branco.