Plácido Domingo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe procedente de Commons vía 'Images for biographies'
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Plácido Domingo, 2008.jpg|thumb|right|Plácido Domingo]]
'''Plácido Domingo''', nado o ([[21 de xaneiro]] de [[1941]])<ref>As seguintes fontes coinciden en sinalar 1941 como data de nacemento do tenor: ''Encyclopedia Britannica''; ''Encyclopedia of World Biography'', Thomson Gale, 2006; ''The Concise Grove Dictionary of Music'', Oxford University Press, 1994; Warrack, J. and West, E. ''The Oxford Dictionary of Opera'', OUP, 1992; tamén é o ano que aparece na [http://www.placidodomingo.com/inhalt.php?menu_level=2&id_kunden=196&id=551 páxina oficial do cantante].</ref>, en [[Madrid]]), é un tenor español. Debutou en [[1961]] en [[Monterrey]] en [[México]] (como Alfredo en ''La Traviata'' de [[Verdi]]).
 
==Traxectoria==
Nado en España, moveuse a México ós 8 anos coa súa familia, que dirixía unha compañía de [[zarzuela]]. En [[Cidade de México]] estudou música no Conservatorio Nacional. Foi o cantante reserva de ''Los Black Jeans'' en 1958, unha banda de rock formada en 1958 por [[César Costa]]. Aprendeu o piano e a dirixir orquestra, pero fixo o seu debut como tenor de ópera en [[1961]] en [[Monterrey]], [[México]], como Alfredo en ''La Traviata'' de [[Verdi]]. En 1962 uniuse á Ópera Nacional Israelí en [[Tel Aviv]], onde pasou 2 anos e medio, realizando 280 funcións.
 
Realizou numerosas actuacións nos [[Estados Unidos]] sobre todo en [[Nova York]] e [[San Francisco]], aínda que tampouco deixou de facer xiras en cidades de [[Europa]], durante os anos 1960, realizando numerosos papeis musicais e o seu repertorio, está composto dunha ampla gama de directores entre eles [[von Karajan]], [[Zubin Metha]], [[James Levine]], entre outros, e compositores de música clásica moi coñecidos. Como director de Ópera iniciou as súas actividades en [[1973]].