Diferenzas entre revisións de «Bit»

m
sen resumo de edición
m (bot Engadido: la:Bit)
m
'''Bit''' (simplificación de ''díxito binario'', “''BInary digiT''” en inglés) é a menor unidade de información usada na [[Teoría da información]] e na [[Computación]]. Un bit ten un único valor, '''0''' ou '''1''', tamén interpretado como verdadeiro ou falso, ou neste contexto calquera dous valores mutuamente exclusivos.
 
Fisicamente, o valor dun bit é, dun xeito xeral, armacenadoalmacenado como unha carga elétrica que, dependendo se se sitúa por riba ou abaixo dun nivel de carga, corresponderálle un "0" ou un "1".
 
Aínda que os computadores teñen instruccións (ou comandos) que poden manipular bits, xeralmente a información almacénase en múltiplos de bits, chamados '''[[byte]]s''', de 8 bits ou. '''[[octeto]]s'''. Existen tamén termos para referirse a múltiplos de bits usando patróns prefixados, como kilobit ('''kb'''), megabit ('''Mb''') e xigabit ('''Gb'''), que non se deben confundir cos respectivos kilobyte ('''kB'''), megabyte ('''MB''') e xigabyte ('''GB''').
 
En telecomunicacións, o volume de tráfico en redes de computadores son descritos xeralmente en termos de bits por segundo (bps).
* “un modem de 56 kpbs é capaz de transferir dados a unha velocidade de 56 kilobits por cada segundo” (o que equivale a 7 kilobytes, 7 k'''B''', con '''B''' maiúsculo para mostrar que nos estamos referindo a bytes e non a bits).
* As redes [[Ethernet]] transferen dados a velocidades que varían de 10 megabits por segundo a 1000 megabits por segundo (de 1,25 a 125 megabytes por segundo).
 
== Abreviación ==
Esta unidade non consta no [[Sistema Internacional de Unidades]], polo que a súa abreviación ou símbolo non está oficializada uniformemente en tódolos países. No entanto, hai dúas propostas para simbolizar esta unidade cando se combina cos prefixos oficiais:
* O símbolo é "bit" segundo o estandar IEC 60027 da ''Comisión electrotécnica internacional'' (International Electrotechnical Commission, a [[IEC]])
* O símbolo é "b" (nótese a minúscula) segundo a recomendación IEEE 1541 Standard (2002) do ''Instituto de enxeñeiros eléctricos e de electrónica'' (Institute of Electrical and Electronics Engineers, o [[IEEE]]). A letra "B" en maiúscula é o símbolo establecido na norma oficial e de uso para [[byte]]
Estas dúas organizacións son:
* sen ánimo de lucro,
* non-gobernamentais,
* corpos moi activos á hora de estableceren estándares
* internacionais
* sectoriais
A diferenza oficializadora entre elas podería consistir:
* en que os membros da IEC son comités nacionais e que o representante español é [[AENOR]] (a ''Asociación española de normalización e certificación'', que establece as normas UNE), xunto con outras entidades oficiais ou case oficiais do prestixio de BSI, ANSI ou un subcomité da DIN e, por outra banda,
* en que a colaboración coa ''Organización internacional de estandarización'' (International Organization for Standardization, máis coñecida como ISO) é máis estreita coa IEC que coa IEEE.
 
==Vexa tamén:==
*[[ASCII]]
*[[Dispositivo de almacenaxe]]
Para información máis detallada sobre a abreviación e o estándar, véxase en [[inglés]]:
* [[:en:IEEE 1541-2002|IEEE 1541-2002]] da [[:en:Institute of Electrical and Electronics Engineers|Institute of Electrical and Electronics Engineers]]
* [[:en:IEC 60027|IEC 60027]] da [[:en:International Electrotechnical Commission|International Electrotechnical Commission]]
 
 
[[Categoría:Informática]]
19.648

edicións