Albino Núñez Domínguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
retiro contido duplicado
Liña 1:
[[Ficheiro:Albino_Nunez_Dominguez.jpg|thumb| Imaxe do escritor, pedagogo e poeta.]]
'''Albino Núñez Domínguez''', nado en [[A Mezquita, A Merca|San Pedro da Mezquita]], [[A Merca]], eno [[13 de deembro]] de [[1901]] e finado en [[Ourense]] en [[1974]], foi un escritor, pedagogo e poeta [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Naceu en [[A Mezquita, A Merca|San Pedro da Mezquita]], [[A Merca]], [[Ourense]] o [[13 de decembro]] de [[1901]]. EstudaEstudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, sendo «discípulo predilecto de don [[Vicente Risco]], don Felipe Pedreira, don José Soler e de dona Araceli Ancochea» (A. Vilanova). Exerceu de mestre nas localidades de [[Amoroce, Amoroce, Celanova|Amoroce (Celanova)]] e [[Maceda]] (Ourense), iniciándose no ambiente empobrecido da aldea galega o seu fervor pola pedagoxía, que habería de ser a gran paixón da súa vida.
 
En [[1932]], a [[A.T.E.O.]] (Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense), da cal era o seu presidente, decide editar unha revista pedagóxica que se chamaría «[[Escuela del Trabajo]]» e que tivo unha feliz andadura durante dous anos, con vinteseis números publicados. Encárgase a súa dirección a Albino Núñez Domínguez, «un mestre namorado dá súa profisión e cheo de ideas renovadoras, tendo de colaboradores a todo ou Consello de Dirección daquel xornal anterior, A República, e a grande cantidade de mestres republicanos dispersos pola provincia ourensana» (Joam C. Chilhon Iglesias).
 
A revista constituíu un auténtico revulsivo dentro do ensino, anclada entón nos vellos métodos. Albino Núñez imprimiulle un carácter marcadamente técnico-pedagóxico, rexeitando de pleno o pernicioso memorismo e o excesivo intelectualismo da época e introducindo os métodos da «[[Escola Nova]]», baseados nas máis recentes doutrinas pedagóxicas e en tentativas empíricas para a súa realización. Foi o primeiro medio de difusión que fixo chegar ás escolas da provincia ourensá as novas técnicas pedagóxicas (Montessori, Kerschensteiner, Decroly. Dewey, Cousinet, etc ...).
 
Ao aprobar a oposición ao Corpo de Directores Escolares, Núñez Domínguez é trasladado ao Grupo Escolar «Concepción Arenal» da [[Coruña]], onde seguiría desenvolvendo as novas técnicas escolares, establecendo «novos fins» da educación e orientando para eses fins a obra social da escola «por medios psicobiolóxicos de adaptación do comportamento». Pero a guerra civil truncou as súas aspiracións humanistas cando era director do Centro antes mencionado. A partir de [[1936]] dedícase ao ensino privado, primeiro en [[Lugo]], e máis tarde en Ourense, onde funda, en [[1949]], o centro de ensino «[[Estudios Galicia]]». O grande interese deste centro radicaba, sobre todo, na especial atención dedicada á formación de mestres que logo levarían ás súas aulas as novas técnicas de ensino, conectando así coa súa primeira etapa de director de «Escuela de Trabajo» como divulgador dos métodos de avanzada pedagoxía na provincia de Ourense.