Les Schtroumpfs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engado foto pitufo
estilo
Liña 8:
 
== O universo dos pitufos ==
Estas pequenas criaturas ficticias caracterízanse polo seu tamaño (tres mazás de alto), a súa singular de vestimenta (un pantalón branco e un pucho con forma de calcetín) e pola cor azul da pel. Esta tonalidade decidiuse por exclusión: a encarnada era unha cor demasiado estridente, o amarelo indicaba infortunio e o verde confundíase coa paisaxe.
 
Todos visten igual, agás un, o maior de todos: Papá Pitufo, que o fai de vermello. Esta criatura de barba branca dirixe a aldea grazas aos seus coñecementos intelectuais e máxicos.
Liña 19:
 
== O nome ==
O nome orixinal é francés: "schtroumpf", pronunciado de maneira semellante á voz alemá "Strumpf": ''/ʃʁum.fe/'', que significa “peúgo”"peúgo".
A maioría dos países adaptaron esta voz á súa fonética: "schülumpfe", en alemán; "smurfen", en holandés, "puffi", en italiano; "smerfy", en polaco…
 
A orixe da expresión castelá, “pitufo”"pitufo", hai que buscala na revista ''Strong''. Segundo relata Alfóns Moliné, debemos remitirnos ao ano ''[[1969]]'', data no que foron publicados en castelán por primeira vez, cando un dos seus redactores, Miguel Agustí, matinaba na adaptación do nome orixinal ao español. Este catalán de nacemento botou man do nome dos personaxes dunha coñecida revista infantil, ''Cavall fort'' da España de entre guerras: ''os Patufets''. Só foi necesario facer unha sinxela derivación para obter o novo termo.
 
En Cataluña o nome orixinal que reciben os trasnos aos que nos referimos é o de ''Barrufets''. Non é unha voz inventada por ningún narrador; trátase dun personaxe emblemático do folclore catalán e que significa ''diaño''.
 
Os vascos denominaranos ''pitufuak'' e máis adiante ''pottokiak'', por comparación co tamaño duns pequenos ponis propios do lugar.
Liña 45:
A boa acollida das aventuras levou a Peyo a centrarse na creación de máis historietas. O mercado respondeu favorablemente e axiña comezou a medrar un poderoso mercado de produtos derivados.
 
1959 aparecían nove filmes (de trece minutos de duración) realizados porpolos ''Studios TV Animation Dupuis''.
 
Na década dos 70 os pitufos debutaron no cinema. A película, ''A frauta dos pitufos'', aínda popularizou máis ás figuriñas azuis. A banda sonora da obra cinematográfica, composta por Michael Legrand (coñecido polocomo ''Pai Abraham'') divulgouse con rapidez por Europa . O personaxe do Pai Abraham, home afable que se distinguía pola súa barba branca e a súa vestimenta moura, vai quedar ligado definitivamente aos pitufos. É así que o habitual sexa que nos numerosos programas televisivos europeos, uns e outros aparezan cantando as súas cancións.
 
No [[1981]] o dúo Hanna_Barbera mercou un pitufo de peluche para un dos seus netos. Fascinados polas pequenas personaxes puxéronse en contacto con Peyo para crear unha serie de debuxos animados e difundilos a través da NBC. Producíronse un total de 256 capítulos, que serían diferidos en 30 países diferentes. Daquela, os pitufos acadaron a fama mundial e a acollida de numerosos premios.