Illa de Alborán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bg:Алборан
Vilachan (conversa | contribucións)
m pequena revisión lingüística e engado ligazón
Liña 29:
A '''Illa de Alborán''' é un illote [[España|español]], do [[mar Mediterráneo]] de orixe volcánica, situada entre o [[Andalucía|litoral andaluz]] e o norte de [[África]], a uns 92,6 quilómetros do litoral de [[provincia de Almería|Almería]], provincia á que pertence. A 100 metros dirección nor-leste sitúase o [[Illote da Nube]] e outro pequeno roquedal. No centro da illa hai unha canle subterránea que a traspasa dun lado a outro e é navegable con bo tempo denominado ''Cova das Morenas''.
 
[[Ficheiro:Alboran.jpg|thumb|left|Illa de Alborán]]O nome de Alborán procede do corsario tunecino[[Tunisia|tunesino]] Al-Borany, quen utilizou este illote como lugar de refuxio e fondeadeiro para o asalto de navíos mercantes en augas do [[Estreito de Xibraltar]], e como plataforma de lanzamento de ataques contra as costas almerienses. Nas súas proximidades, o [[1 de outubro]] de [[1540]] produciuse a Batalla da Illa de Alborán, unha das primeiras accións da [[Armada Española]]. Administrativamente, na actualidade a Illa de Alborán pertence ao concello de [[Almería]] e concretamente ao distrito almeriense do barrio de Pescadería.
 
Debido ao seu gran valor estratéxico, a mediados dos anos 1960 producíronse varios intentos de supostos barcos de pesca soviéticos de establecer un asentamento estable en Alborán, o que motivou ao exército español a establecer na illa un destacamento permanente de [[Infantería de Mariña]] para o control e protección da mesma. Entre as escasas construcións existentes, hai que sinalar o faro (actualmente automatizado). Aínda que resulte sorprendente a illa conta tamén cun campo de fútbol e un cemiterio. Situada nunha importante zona sísmica na que choca a placa africana coa europea, en Alborán sitúanse os epicentros dun bo número de [[sismo]]s de baixa intensidade. En [[1899]] descubriuse nela un novo mineral que recibe o nome de [[Alboranita]].