Saga de Pilaf: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10:
Así comeza a historia; pero cando Bulma estaba a busca-la terceira bóla atropelou a un estraño neno con rabo e con gran forza e resistencia: Son Goku. Este crendo que lle atacaba un monstro reaccionou erguendo o coche de Bulma e lanzándoo, resistindo ademais os disparos de Bulma que tería que lle explicar que ela non é ningún monstro, senón unha rapaza. Así coñeceríanse Bulma e Songoku.
 
Ademais, Son Goku posúe a bóla do dragón de catro estrelas, un agasallo do seu avó [[Son Gohan Ojichan|Son Gohan]] xa morto e que usa para falar con el. Son Goku non sabe nada da lenda do dragón polo que Bulma explícalle a historia das bólas e pídelle a súa. Son Goku negarase posto que é a única lembranza do seu avó polo que Bulma dille que o acompañe a buscalas. Deste xeito, non perdería a bóla e podería usar ó incrible Son Goku coma axuda.
 
Na aventura, Son Goku atopa a unha tartaruga ([[Umigame]]) que se perdera e non daba voltado ó mar. Contra a decisión de Bulma, Son Goku decide axudar á tartaruga que, unha vez no mar, como agradecemento vai buscar ó seu amo, o mestre Mutenroi, para que lles dea un agasallo. Ó final dálle a Bulma unha bóla do dragón, a cambio de que lle ensine as bragas. Mutenroi quedará abraiado xa que na noite anterior Son Goku quitárallas mentres Bulma durmía. A Son Goku agasállalle a [[nube Kinton]], un medio de transporte voador no que só poden subir as persoas de bo corazón (nin Bulma nin Mutenroi).
Liña 20:
O grupo diríxese ó monte de [[Gyumao]] seguindo co radar unha das bólas. O problema é que o monte está en chamas e non se pode pasar, polo que Gyumao enviou á súa filla Chichi a buscar ó mestre Mutenroi para que lle dera en abano máxico co que poder apaga-lo lume. Son Goku vaina buscar e unha vez que a atopa, diríxense os dous á casa de Mutenroi na nube Kinton. O problema é que Mutenroi xa non ten o abano, non obstante, decide ir apaga-lo lume persoalmente, coa condición de que poida toca-lo peito de Bulma. Ela, que non o pensa permitir, convence a Oolong para que sexa el transformado quen a substitúa. Despois disto, Mutenroi apaga o lume usando a Onda Vital ([[Kame Hame Ha]]), aínda que deixa todo destruído. Así Bulma atopa a bóla e Son Goku abraia a todos facendo unha pequena Onda Vital. Deseguido proseguen o seu camiño, seguidos sempre por Yamcha e Puar.
 
No camiño atópanse co Xefe Coello ([[Toninjinka]]) que converte a Bulma nunha cenoria. Son Goku coa axuda de Yamcha e Puar conseguiranlle devolve-lo aspecto a Bulma. Máis tarde son atracados e perden a mochila coas bólas, agás a de Son Goku que a levaba con el. É aquí cando Yamcha decidedecídelles axurdarllesaxudar e así todo o grupo diríxese ó territorio de Pilaf, onde está situado o seu palacio. Pilaf, xunto con Mai e Shuu, tamén desexa as bólas máxicas para se-lo amo do mundo.
 
Unha vez dentro do palacio, e tras superar unha morea de trampas, quedan atrapados nunha habitación onde son durmidos cun gas e onde lle quitan a última bóla. Tentan saír cunha Onda Vital de Son Goku pero só conseguen facer un pequeno burato polo que escapan Oolong e Puar. Entrementres Pilaf convoca ó dragón para lle pedi-lo seu desexo aínda que grazas á intervención de Oolong, o único desexo que se concederá serán unhas bragas. Shenron desaparece coas bólas e Pilaf atrápaos de novo nunha sala onde, unha vez que saia o sol pola mañá, morrerán de calor. Nembargante, Son Goku ó mira-la lúa chea transfórmase nun [[Oozaru|gorila xigante]] ([[Oozaru]]) destruíndoo todo e podendo escapar. Yamcha conseguiralle suxeita-lo rabo a Son Goku para que así llo corte Puar.
 
Bulma e Yamcha parecen namorados, e deciden ir á cidade xunto con Oolong e Puar, mentres que Songoku decide irse adestrar co Mestre Mutenroi...