Holismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
A palabra foi acuñada por [[Jan Smuts]], primeiro ministro da [[África do Sur]], no seu libro de [[1926]], ''Holism and Evolution'', que así a definiu: "A tendencia da [[Natureza]] a formar, a través de [[evolución]] creativa, "todos" que son maiores do que a suma das súas partes". A palabra provén do grego ''holos'', "totalidade".
 
É tamén chamado '''non reducionismo''', por ser o oposto do [[reducionismo]], implica unha visión sistémica. Podería verse tamén como o oposto do [[atomismo]] ou inclusive do [[materialismo]]. Ve o [[mundo]] como un [[todo]] integrado, como un [[organismo]].
 
Aínda que ao longo da Historia se teña expresado por diversos pensadores, dunha forma ou doutra, o principio do holismo, o primeiro filósofo que o instituíu para a [[ciencia]] foi o francés [[Auguste Comte|Augusto Comte]] ([[1798]]-[[1857]]), ao afirmar a importancia do espírito de conxunto (ou de síntese) sobre o espírito de detalles (ou de análise) para unha comprensión adecuada da ciencia en si e do seu valor para o conxunto da existencia humana.
 
 
==Véxase tamén==