Pedagoxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m estudiar > estudar e derivados
Prebot (conversa | contribucións)
m bot: Substituír 'Alemania' por 'Alemaña'
Liña 3:
O seu significado está relacionado coa arte ou ciencia de ensinar. A palabra provén do [[Lingua grega|grego]] antigo παιδαγωγός (''paidagogós''), o escravo que traía e levaba os nenos á escola. Das raíces ''paidós'' ('neno') e ''ago'' ('levar', 'conducir'). Inicialmente non se refería á ciencia, senón que era a denominación dun traballo: o pedagogo era o guía do neno.<br>Tamén se define como a arte de ensinar. Moi relacionado con este campo disciplinar, está a [[andragoxía]].
 
Coa [[Ilustración]] europea de finais do século XVIII e comezos do XIX, desde [[Francia]], [[AlemaniaAlemaña]] e [[Inglaterra]], xente como o [[Nicolas de Condorcet|Marqués de Condorcet]], [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], [[Johann Friedrich Herbart|Herbart]], [[Johann Heinrich Pestalozzi|Pestalozzi]], ou [[Friedrich Fröbel|Fröbel]], plantexan o interese "ilustrado" polo progreso humano, retomando o significante grego. Agora con outros significados que, por outra parte, xa estaban ancorados nas mesmas raíces sinaladas. Dun lado, "paidós", 'neno', comeza a expandirse ó significado do humano, de tódalas etapas da vida humana, e non só da nenez. O verbo, igualmente, deixa de ser o significado base da "guía" física ou psíquica para pasar a significar "condución", "apoio", "persoal", "vivencial".
 
Por iso, reiteradas veces se ten explicitado "pedagoxía" como "androgoxía", significante que non chegou a ter a mesma aceptación. Tal vez porque "pedagoxía", ademais da tradición, tiña ó seu favor a insistencia na infancia como tempo crucial para construír a persoa a perfeccionar. Ademais de evitar as preocupacións da linguaxe sexista actual que requiriría "androgoxía" e "xinegoxía", canto menos.