Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunha corrección
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións e engádegas
Liña 1:
[[Image:Dreschflegel.jpg|thumb|250px|Exemplar de mallo]]
 
O '''mallo''' ou '''manle''' é un apeiro [[Agricultura|agricola]] usado para [[malla]]r (é dicir, bater con mallo), para separar o [[cereal|gran]] da palla e outras envolturas que recobren o gran (rebeiras, puxa, muíña).
 
O instrumento recibe na Galiza, consonte as comarcas, nomes diferentes: '''mallo''', '''mal''', '''manle''' ou '''malle'''.
 
==Descrición==
[[Ficheiro:Mosteiro 1 Feira Labrega malla 06.jpg|thumb|250px|Detalle do xogo entre o pértego e o mango dun mallo]]
O mallo está composto de dous paus, atados por unha [[correa]] ou unha [[cadea]]. O pau máis longo e menos groso é sostido nas mans do mallador, e ten diversas denominacións, segundo o lugar: ''mocamangueira'', ''moncamangueiro'', ''mangueiramanle,'', ''mangueiromanleira'', ''moca'', ''monca'' ou ''almanca''. O seu movemento impulsa, a través das correas ou cadeas, un segundo pau, máis groso, que será o que bata no cereal directamente; este recibe tamén diversos nomes: ''porropértego'', ''malloporro'' ou ''pértegomallo'' propiamente dito.
 
A correa ou cadea que une ambos paos recibe a súa vez tamén denominacións variadas: ''correa'', ''casula'', ''puga'', ''carrachola'', ''narigota'', ''asa'', ''cedoiro'', ''encedoiro'', ''lorooncedoiro'', ''meáloro'', ''temoeiromeá'', ''capelizatemoeiro'', etc. Algúns destes nomes son en realidade unha estensión [[Sinestesia|sinestésica]] das cubertas de [[coiro]] ou [[Metal|metálicas]] (''casula'', ''capeliza'', ''camisas'') que poden ter os extremos dos dous paus para protexelos do desgaste por [[rozamento]] co seu uso.
 
Os tamaños de cada peza do mallo varían co cereal no que se empreguen e a experiencia propia do mallador. Datos obtidos de mallos, para trigo, de granxeiros de [[Quebec]] ([[Canadá]]) mostran mocas de 1,5 m de longo e 3 cm de diámetro, con porro de 1 m de longo e 3 cm tamén de grosor.