Karl Rahner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m bot: Substituír 'Munich' por 'Múnic'
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Pertencente á [[Compañía de Xesús]], foi profesor de teoloxía dogmática en [[Innsbruck]] no ano 1948, e posteriormente nas universidades de [[MunichMúnic]] e [[Munster]] onde tomou o relevo do gran teólogo [[Romano Guardini]]. Discípulo de [[Martin Heidegger]], asume o desafío de entender a esencia do cristianismo dende as interrogantes formuladas polo pensamento contemporáneo. Aberto á cultura moderna pretende retomar ás grandes verdades da fe cunha linguaxe contemporánea, pero non por isto menos complexa e profunda. Tivo un papel destacado no [[Concilio Vaticano II]] na posta ao día da mensaxe católica ao mundo. O seu recoñecemento por reexplicar os dogmas tradicionais á luz dos novos tempos, permitiulle expresarse criticamente cunha liberdade irredutible fronte ás eivas espirituais, sociais e institucionais dunha Igrexa á que sempre quixo servir e que tanto lle fixo sufrir.
 
Entre as súas obras, cómpre sinalar: ''Ointe da Palabra'' (1941); ''Visións e Profecías'' (1952); ''Liberdade na palabra na Igrexa'' (1953); ''Misión e Graza'' (1959); ''Cristoloxía'' (1972); ''Cambio estrutural da Igrexa'' (1973); ''Curso fundamental sobre a fe'' (1976) e obras de espiritualidade como ''Palabras ao silencio'' e ''Da necesidade e don da oración'' (1949).