Willie Rosario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traduzo de es.wiki
 
m máis
Liña 1:
'''Willie Rosario''', tamén coñecido como '''Míster Afinque''', nado en [[Coamo]] o [[6 de maio]] de [[1930]] é un músico, [[compositor]] e director de orquestra [[Porto Rico|portorriqueño]] de música [[Salsa (xénero musical)|salsa]].
 
==Traxectoria==
Foi criado nunha familia humilde. Seus pais decatáronse do seu potencial musical e fixeron que tomase leccións de [[guitarra]] á idade de 6 anos. Recibiu a educación primaria e secundaria na súa cidade natal. A súa nai tamén lle impartiu clases de [[saxofón]], mais el interesouse principalmente pola [[conga]]. En [[1946]], formou unha banda chamada ''Coamex''. Non obstante, un ano máis tarde a súa familia mudouse á [[Nova York]], alugando un apartamento nun [[gueto]] de [[Manhattan]] coñecido como [[Spanish Harlem]].
 
Willie Rosario entrou en contacto e tocou a conga para diversas [[orquestra]]s. Despois de se graduar na escola secundaria, mantivo a súa educación e estudou [[xornalismo]] e relacións públicas. Nunha ocasión Rosario visitou o famoso Palladium Ball Room en [[Nova York]], onde [[Tito Puente]] tocaba o [[timbal]]. Este foi o comezo da súa aventura con dito [[instrumento]].
 
==Véxase tamén==