Les Schtroumpfs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Harikalar Diyari Smurfs 06048 nevit.jpg|thumb|240px|Os pitufos en plastilina]]
 
Os '''pitufos''' son uns personaxes de banda deseñada infantil creados no [[1958]] polo guionista e debuxante ''[[Bélxica|belga]]'' Pierre Culliford, popularmente coñecido como [[Peyo]] ([[1928]]-[[1992]]).
 
== O universo dos pitufos ==
Liña 17:
 
== O nome ==
O nome orixinal é francés: [[fr:schtroumpfs|schtroumpf]],,pronunciado de maneira semellante á voz alemá Strumpf:''/ ʃʁum.fe/'', que significa “peúgo”.
A maioría dos países adaptaron esta voz á súa fonética: schülumpfe, en alemán; smurfen, en holandés, puffi, en italiano; smerfy, en polaco…
 
A orixe da expresión castelá, “pitufo”, hai que buscala na revista Strong. Segundo relata Alfóns Moliné, debemos remitirnos ao ano ''[[1969]]'', data no que foron publicados en castelán por primeira vez, cando un dos seus redactores, Miguel Agustí, matinaba na adaptación do nome orixinal ao español. Este catalán de nacemento botou man do nome dos personaxes dunha coñecida revista infantil, [[ca:Cavall_fort]]''Cavall fort'' da España de entre guerras: ''os Patufets''. Só foi necesario facer unha sinxela derivación para obter o novo termo.
 
En Cataluña o nome orixinal que reciben os trasnos aos que nos referimos é o de [[ca:Barrufets]]. Non é unha voz inventada por ningún narrador; trátase dun personaxe emblemático do folclore catalán e que significa ''diaño''.
Liña 47:
Na década dos 70 os pitufos debutaron no cinema. A película, ''A frauta dos pitufos'', aínda popularizou máis ás figuriñas azuis. A banda sonora da obra cinematográfica, composta por Michael Legrand (coñecido polo ''Pai Abraham'') divulgouse con rapidez por Europa . O personaxe do Pai Abraham, home afable que se distinguía pola súa barba branca e a súa vestimenta moura, vai quedar ligado definitivamente aos pitufos. É así que o habitual sexa que nos numerosos programas televisivos europeos, uns e outros aparezan cantando as súas cancións.
 
No [[1981]] o dúo [[es:Hanna_Barbera]] mercou un pitufo de peluche para un dos seus netos. Fascinados polas pequenas personaxes puxéronse en contacto con Peyo para crear unha serie de debuxos animados e difundilos a través da NBC. Producíronse un total de 256 capítulos, que serían diferidos en 30 países diferentes. Daquela, os pitufos acadaron a fama mundial e a acollida de numerosos premios.
 
O tema musical que hoxe se coñece foi producido por Hanna- Barbera. Comeza cunhas mestura de Scheherazada e continúa co primeiro movemento da Octava Sinfonía de Franz Schubert (''Inconclusa'').