Diferenzas entre revisións de «Berdoias, Vimianzo»

+ imaxe e datos
(Lp Berdoias)
(+ imaxe e datos)
 
'''San Pedro de Berdoias''' é unha parroquia que se localiza no suoeste do concello de [[Vimianzo]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 295 habitantes (150 mulleres e 145 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 332 habitantes.
 
==Patrimonio==
[[Ficheiro:Berdoias, Vimianzo.jpg|thumb|left|200px|Igrexa parroquial.]]
A '''[[Casota de Freáns]]''' é un [[dolmen]], bo exemplo do [[megalitismo en Galicia]]. Nel pódense observar abundantes gravados, coviñas e algún elemento cruciforme, mostra da vontade de cristianización do megálito.
 
A '''capela de Santa Cristiña''' sitúase na aldea de [[Santa Cristiña, Berdoias, Vimianzo|Santa Cristiña]], a carón dunha fonte sagrada. No chan do altar hai un pequeno receptáculo de forma rectangular cheo de terra á que se lle atribúen calidades curativas para as vacas. A tradición manda coller un puñado de terra e colgala ó pescozo das vacas durante nove días. Deste xeito a vaca estará libre de enfermidades e terá bos partos. Unha vez pasado este período de tempo, a terra debe ser devolta á ermida, e seguindo a tradición débese dar un donativo á santa a cambio do servizo prestado.
 
A aldea de [[Pedra do Frade, Berdoias, Vimianzo|Pedra do Frade]] debe o seu topónimo a unha lenda, segundo a cal un frade refuxiouse no alto dunha pedra para evitar o ataque dos lobos. Porén, alí foi devorado, estando na actualidade o lugar sinalizado cun cruceiro.
 
===Lugares de Berdoias===
===Parroquias de Vimianzo===
{{Vimianzo}}
 
 
==Véxase tamén==
128.576

edicións