Lois Peña Novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Lois Peña Novo''' ([[Vilalba]], [[5 de agosto]] de [[1893]] - [[Outeiro de Rei]], [[24 de xullo]] de [[1967]]) foi un político e escritor galego.
 
==Biografía==
Naceu no lugar do Rollo, hoxe unha rúa de [[Vilalba]], o [[5 de agosto]] de [[1893]], fillo de Vicente Peña Rodríguez e María Novo Pardo. A súa era unha familia labrega, sendo Lois o quinto dos irmáns. Estudou no [[Seminario de Mondoñedo]] e despois cursou a carreira de Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], rematando en 1915. No curso seguinte traballou de profesor auxiliar de Lois Porteiro na mesma Facultade.
En 1916, ano da fundación da primeira [[Irmandades da Fala|Irmandade da Fala]], incorpórase á de Compostela e participa como cofundador na de Vilalba.
Liña 24:
Dende entón, a súa vida concentrouse no ámbito do privado e no exercicio da avogacía no seu despacho vilalbés. A única excepción constituíuna a obtención do [[premio Mouronte]] en febreiro de 1959 polo seu artigo ''La inversión del ahorro campesino'', publicado no xornal [[La Noche]] co pseudónimo ''Luís de Cadaval''.
 
En [[1962]], cando xa se achegaba aos setenta anos, marcha a [[Madrid]] para vivir na casa do seu fillo, o médico [[Lois Peña López]]. Retorna a Vilalba todos os veráns ata que, o [[24 de xullo]] de [[1967]], nunha destas viaxes, un accidente automobilístico segou definitivamente a súa vida e a da súa dona en [[Robra, Outeiro de Rei|Robra]] ([[Outeiro de Rei]]).
 
==Pensamento==