San Basilio de Palenque: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "thumb|Estatua de Benkos Bioho en Palenque thumb|right|250px|Festa palenque '''Palenque de San Basilio''' ou '''San Basilio de Pal..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 2 de xullo de 2009 ás 18:27
Palenque de San Basilio ou San Basilio de Palenque é unha corrixidoría do municipio de Mahates, departamento de Bolívar, Colombia; sito nas faldras dos Montes de María a 50 km da cidade de Cartagena de Indias. Ten unha poboación de aproximadamente 3.500 persoas e limita cos municipios de Malagana, San Cayetano, San Pablo, Palenquito.
Palenque foi fundado por escravos fugados principalmente de Cartaxena de Indias no século XV e liderados por Benkos Biohó; o seu illamento permitiulles manter a maioría das tradicións culturais africanas en Colombia (música, prácticas médicas, organización social, ritos fúnebres, etc) e incluso desenvolveron unha lingua crioula, mestura do español con linguas africanas orixinarias, denominada palenquero. Debido ás súas características na súa historia, formación, cultura e lingua, no 2005 Palenque foi declarado pola Unesco como "Patrimonio Intanxible da Humanidade",
Está considerado o primeiro pobo libre de América trala chegada española.