Muros, Muros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe
+ imaxes e datos
Liña 2:
{{Parroquia
|nome = Muros
|imaxe = Ficheiro:Muros.Galiza.04-2008 81.jpg
|lenda = Igrexa parroquial
|concello =Muros
|superficie =
|poboación = (ano 2004) 27222.722
|densidade =
|xentilicio =
Liña 14:
'''San Pedro de Muros''' é unha parroquia que se localiza no sur do concello de [[Muros]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 2.722 habitantes (1.428 mulleres e 1.294 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 2.902 habitantes.
 
==Patrimonio==
A '''igrexa parroquial''' é de estilo gótico, e anteriormente era coñecida como a Colexiata de Santa María do Campo. Mandouna construír [[Lope de Mendoza]] no [[século XIV]], sendo terminada en [[1400]], segundo a inscripción enclavada na porta principal. Diante da mesma esténdese un gran adro, onde na Idade Media se reunía o Concello que gobernaba a vila.
 
Consta dunha única e ampla nave dividida en cinco tramos. A capela maior, situada na cabeceira, está cuberta cunha vistosa bóveda de crucería. A nave está cuberta a dúas augas cun teito de madeira, que repousa sobre arcos apuntados.
{{Lp Muros}}
 
As capelas laterais foron engadidas nos séculos XV e XVI, e nelas hai diferentes altares con sepulcros medievais. Do templo primitivo consérvase a portada principal de acceso, o [[rosetón]] gótico, algúns canzorros e moitos dos signos lapidarios gremiais gravados nos sillares.
 
No exterior ten unha torre campanario barroca, rematada en 1757. Presenta unha [[balaustrada]] pétrea no corpo das campás, ademais dun pórtico cuberto situado sobre a entrada principal. A campá máis grande desta Igrexa, aínda en uso, foi un regalo de [[Eugenio Montero Ríos]], e foi traída nun carro de vacas. É coñecida como "a campá de Montero".
 
A imaxe máis venerada na vila é unha imaxe do Cristo da Agonía, unha representación barroca na que se reflexa unha gran expresión de sufrimento. Encóntrase no altar das Dores e sae en procesión o Venres Santo. Ao parecer foi encargada polo Gremio dos Mareantes da vila.
 
A '''capela de San Roque''' foi reedificada en 1765, se ben segundo o [[Cardeal Hoyo]] xa existía en 1609. Considérase de fundación popular. Conta cunha dobre escalinata, amplo patio de cantería e nave central e sancristía abovedadas.
 
A '''capela da Nosa Señora das Angustias''' esta construída sobre parte da antiga capela de San Pedro, do século X. Actualmente está dentro do recinto do antigo camposanto. Foi feita en 1665 e nos seus muros exteriores consérvanse inscricións dos canteiros que traballaron nela.
 
A '''capela de San Xosé''' sitúase na rúa do mesmo nome. De pequenas dimensións, foi construída en 1727, e dende fai anos atópase pechada ó publico.
 
A '''capela da Virxe do Carme''' data de 1767. É de cantería, abovedada e conta con un amplo atrio.
 
==Galería de imaxes==
<gallery>
Ficheiro:Capela de San Roque, Muros.jpg|Capela de San Roque
Ficheiro:Capela das Angustias, Muros.jpg|Capela da Nosa Señora das Angustias
Ficheiro:Capela de San Xosé, Muros.jpg|Capela de San Xosé
Ficheiro:Capela do Carme, Muros.jpg|Capela da Virxe do Carme
<!gallery>
 
{{Lp Muros}}
{{Muros}}