Noal, Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
+ imaxes e texto
Liña 2:
{{Parroquia
|nome = Noal
|imaxe = Noal, Porto do Son.jpg
|lenda = Igrexa parroquial
|concello = Porto do Son
|superficie =
|poboación = 2.577 (ano 2004) 2577
|xentilicio =
|entidades = 12
}}
'''San Vicente de Noal''' é unha parroquia quesituada se localiza noao norte do concello de [[Porto do Son]], na [[comarca do Barbanza]]. Limita ó norleste cacoa parroquia de nebra[[Nebra, Porto do Son|Nebra]], ó sur cacoa de [[Baroña, Porto do Son|Baroña]], ó leste co concello [[Barbanza|barbantino]] de [[Boiro]];, e ó oeste a parroquia está bañada pola [[ría de Muros e Noia]].
 
Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 2.577 habitantes (1.297 homes e 1.280 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 2.581 habitantes. Nesta parroquia atópase a [[núcleo urbano de Porto do Son|capital do concello]], homónima a este.
 
==Patrimonio==
A igrexa parroquial está baixo a adbocación de San Vicente, e é de estilo barroco. A parroquia ten, ademais, outros dous templos: a capela da Nosa Señora do Loreto, nesta mesma aldea; e a capela da Nosa Señora do Carmen, no núcleo urbano de Porto do Son.
A '''igrexa parroquial''', de estilo neoclásico, foi construída entre 1775 e 1790. Reedificada sobre un templo medieval románico, ten planta de cruz latina, cunha nave principal e dúas transversais de diferente ancho. Os muros alternan a cachotería e a cantería, sendo esta última empregada para a fachada principal e para o entorno dos panos. Tanto a nave principal como as transversasis rematan nunha bóveda de canón na parte superior.
 
O cruceiro leva catro arcos de medio punto para dar acceso ás capelas laterais e ao [[presbiterio]]. A decoración limítase á fachada principal, onde destaca o campanario sobre peana cadrada, formada por dous corpos estilizados con ornato aínda de procedencia barroca, con remate nunha cupuliña con [[pináculo]]. O resto da fachada leva un arco de medio punto sobre semicolumnas para conformar o pórtico da entrada, lixeiramente retrasado, e unha [[fornela]] coa imaxe do patrón, ademais dunha ventá sobre a porta e dúas pilastras nas estremas da fachada con remate en pináculo.
 
No interior hai labras heráldicas dos Patiño, Caamaño e dos Lamas, ademais dunha imaxinería coa figura de San Vicente do Altar Maior realizada por Xosé Ferreiro.
 
[[Ficheiro:Capela da Atalaia, Noal, Porto do Son.jpg|thumb|left|200px|Capela da Atalaia]]
A '''capela da Nosa Señora da Misericordia''', máis coñecida como '''capela da Atalaia''', construíuse inicialmente no [[século XV]], mantendo aínda elementos [[gótico]]s, se ben foi reformada a finais do [[século XVIII]] e ampliada a finais do [[século XIX|XIX]] coa construción da nave principal entre o presbiterio e a porta e das torres das campás e a sancristía na parte posterior.
 
Está formada por unha soa nave rectangular, cuberta por bóveda de canón apoiada en muros de carga de cantería. Aos pés da nave leva o coro ao que se accede por unha escaleira de pedra no interior do muro esquerdo.
 
A capela maior é de planta cadrada co piso a maior altura có do corpo central e con bóveda de cruzaría. Ten unha capela no lateral esquerdo dende a que se accede á sancristía. O retablo da capela maior é de cinco vanos e leva á Nosa Señora da Misericordia no central, acompañada de San Domingos, San Pedro, San Francisco e San Roque.
 
[[Ficheiro:Capela de Loreto, Noal, Porto do Son.jpg|thumb|left|200px|Capela de Loreto.]]
A '''capela da Nosa Señora de Loreto''' data do século XIX. É unha pequena ermida de planta rectancular cunha soa nave coa capela na cabeceira de menor ancho e proporcións cadradas, cunha sancristía no lateral dereito do presbiterio, con acceso desde o exterior. Os muros son de cantería, e neles ábrense dúas pequenas fiestras na nave principal e unha no presbiterio, ademais dunha entrada lateral a carón da sancristía. No interior ten un coro de madeira con escaleira de acceso apegada ao muro.
 
O exterior carece de ornamentación e a fachada principal componse dunha porta rectangular cunha pequena fiestra por riba. A fachada está enmarcada por dúas molduras laterais a modo de pilastras que rematan en senllos pináculos. Conta cunha cornixa a dúas augas, interrumpida no cumio pola plataforma da espadana, con dúas arcadas de medio punto rematadas en pináculos.
 
Diante da ermida hai un cruceiro de capeliña.
 
==Xeografía==
A orografía é chá ó norte do centro urbano da capital do concello, aínda que ó sur e ó leste (ó oeste está o mar), o terreo está basicamente ocupado polo monte, que é sobre todo de [[piñeiro]] e [[eucalipto]]. Exemplos de montes da parroquia de Noal son A Tarela e Dordo, entre outros.
 
A costa da parroquia é moi accidentada, cunha gran cantidade de praias rochosas, formandoe fermosascon vistasacantilados, dacomo ríao dendeda litoral acantiladoAtalaia, comaonde desdeestá arribaa dacapela covado de FonforrónCarme, ou ao Atalaia,que ondeestá se atopasobre a capelacova dade Nosa Señora do CarmenFonforrón. Non obstante,Tamén hai longas praias de area fina;, ascomo máisa importantes sonde Fonforrón, Odo Cruceiro e Cabeiro.
 
{{Porto do Son}}