Lectura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 37:
Co tempo, o neno que le grafema a grafema, que interpreta fonema a fonema, será quen de memorizar sílabas e interpretalas. Cando se encontre coa secuencia ''ca'', saberá o que é; cando se ache con ''sa'', saberá tamén o que é sen precisar atender cada un dos dous grafemas que compoñen esa sílaba, pois leraa conxuntamente.
 
É este un xeito de lectura intermedio pero máis próximo ó procedemento fonolóxico do que ó léxico pois o que se le non ten aínda unha correspondencia no campo do [[significado]]. Cando haxa esa correspondencia, a lectura deixará de ser fonolóxica e pasará a ser léxica. En definitiva, o procedemento fonolóxico non é léxico porque non se recoñecen cun simple golpe de vista [[lexema]]s.
 
O procedemento léxico supón recoñecer inmediatamente a palabra escrita. Se nos encontramos co vocábulo ''casa'', non procedemos a segmentar o vocábulo para a súa interpretación, entendémolo porque o visualizamos conxuntamente e esa visualización ten correspondencia na base de datos que conforma a nosa memoria vocabularia: