Lectura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
Son dous camiños -o que emprega os procedementos fonolóxicos e o que emprega os procedementos léxicos- complementarios, que non excluíntes, para realizarmos unha lectura, pois por moita experiencia que teñamos, sempre podemos ter que recorrer a proceder fonoloxicamente.
 
==Procedemento fonolóxico versuse procedemento léxico==
O procedemento fonolóxico consiste en facer exactamente o mesmo que fai un neno cando se inicia á [[lectoescritura]]. O neno interpreta os [[grafema]]s e recoñece os [[fonema]]s correspondentes deducindo o seu son habitual por mor, probablemente, da memoria, da segmentación e da interrelación contextual. Tras recoñcer os grafemas, sabedor do son que representan, pronúnciaos uníndoos e dando lugar a un acto de [[fala]]. Non é necesariamente un acto de fala [[Comunicación|comunicativo]], pois quizais, aínda no momento de pronunciar o que le, non é quen de decodificar a mensaxe, pero, cando o neno le por exemplo a palabra ''ká-sa'', pode estar capacitado para interpretar, unhas milésimas de segundo despois, aquilo que leu.