Igrexa de San Martiño de Rebordelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
lig int
Liña 4:
A '''igrexa de San Martiño de Rebordelo''' é a [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] parroquial de [[Rebordelo, Cotobade|Rebordelo]], [[parroquia]] do concello [[provincia de Pontevedra|pontevedrés]] de [[Cotobade]].
 
A igrexa actual é de feitura moderna agás a [[ábsida]] da construción [[arquitectura románica|románica]] primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao [[muro (construción)|muro]] oriental do templo e utilízase como [[sancristía]].
 
Esta ábsida románica non presenta cara o exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha saeteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.