Diferenzas entre revisións de «María Madalena»

arranxiños
(arranxiños)
As fontes afirman que [[Xesús de Nazareth]] expulsara dela sete demos (Mc 16,9). A cifra sete é sinónimo de plenitude o que é interpretado como unha enfermidade psicofísica aguda ou ben unha perversidade extrema{{cómpre referencia}}. Unha ou outra, consonte a mentalidade de entón, consecuencia do pecado.
 
Tras a curación, foi unha das discípulas itinerantes que seguiron a Xesús por [[Galilea]] e [[Xudea]], na súa predicación da boa noticia (''evangelion'') da chegada do Reino de Deus. Está en todas as relacións de mulleres seguidoras de Xesús. Isto ten chamado a atención dos exexetaseséxetas e historiadores, que salientan a singularidade para a época dun grupo de mulleres que seguían a un rabí itinerante.
 
Aparece tamén no momento da crucifixión, ao pé da cruz, cando Xesús foi abandonado de todos.
 
Finalmente, chama a atención o seu papel destacado na descuberta do sepulcro baleiro e na primeira aparición de Xesús resucitado, dado o nulo valor do testimuñotestemuño dunha muller na sociedade daquel tempo. De feito os discípulos tomárono inicialmente como un delirio (Lc 24, 11). Isto foi utilizado nos primeiros séculos do [[cristianismo]] polos detractores da fe na [[resurrección]]. O filósofo platónico [[Celso]] (século II) no seu [[discurso verdadeiro contra os cristiáns]] descalificadescualifica unha fe que se basea no testimuñotestemuño dunha ''muller histérica''.
 
Todos estes factores fan que os especialistas entendan que é unha das figuras da primeira tradición cristiá cuxa historicidade semella mellor acreditada (criterio de dificultade e criterio de testimuñotestemuño múltiple).
 
==Identificación==
 
Non está nada claro que sexa a prostituta dos evanxeliosevanxeos sinópticos que unxe a Xesús ante o escándalo dos fariseos, aínda que o sentir popular así a identificou. Existe tamén unha identificación non probada coa muller adúltera do EvanxelioEvanxeo de Xoán á que Xesús salva de morrer lapidada polos seus acusadores. Non falta quen defenda a plausibilidade destas teses debido á procedencia: [[Magdala]], un lugar próximo ao lago de Xenesaret ([[Tiberíades]]) que era unha localidade fabril, destino maioritariamente masculino e, xa que logo, posible foco de prostitución. Ser muller de Magdala non debía se boa carta de presentación. De feito, unha das acusacións máis frecuentes a Xesús é a súa cercaníaproximidade aos pecadores públicos (Mt 9,11). Pero isto non deixa de ser unha mera hipótese.
 
==Apócrifos==
 
No evanxelioevanxeo apócrifo que leva o seu nome aparece discutindo con [[Pedro]]. O cal semella ciumento das revelacións particulares das que era depositaria.
 
No [[EvanxelioEvanxeo de FelipeFilipe]], de contido gnóstico e escrito en lingua copta, dise que Xesús amábaa máis que todos os discípulos e que a miudomiúdo a bicaba na boca. Algo que estimulou a fantasía nalgúns autores contemporáneos. Tamén neste evanxelioevanxeo rivaliza con Pedro.
 
==Consideración==
52.562

edicións