Tetris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Ligazóns externas: Elimino ligazón pois xa non existe a páxina
Corrixo errro na traducción: tetrominó non tetromino
Liña 1:
'''Tetris''' (en [[lingua rusa|ruso]]: Тетрис) é un [[videoxogo]] de [[crebacabezas]] orixinalmente creado e e programado por [[Alexey Pajitnov]] o [[6 de xuño]] de [[1984]],<ref>http://www.reuters.com/article/technologyNews/idUSTRE5510V020090602</ref>, mentres estaba a traballar para o [[Centro de Computación de Dorodnicyn]] da [[Academia das Ciencias da URSS]] en [[Moscova]].<ref>[http://www.atarihq.com/tsr/special/tetrishist.html The Tetris saga] Visto o 24 de agosto 2007.</ref> Collía o seu nome do [[prefixo]] numérico grego [[tetra]] (todas as pezas do [[xogo]], denominadas [[Tetrominotetrominó]]s, posúen catro segmentos) combinado co do [[tenis]], o deporte favorito de Pajitnov.<ref name="g4_tetra_tennis">Entrevista a Pajitnov, [[G4 (canle de TV)|G4]] "[[Icons (serie de TV)|Icons]]", ep. [http://www.g4tv.com/icons/episodes/1314/Tetris.html 305], emitido orixinalmente o 22 de abril de 2004.</ref><ref name="vadim"/>
 
O xogo (ou unha das súas moitas variantes) está dispoñíbel para case todas as [[consola de videoxogos|consolas de videoxogos]] e [[sistema operativo|sistemas operativos]] de [[computadora]]s, así coma outros dispositivos coma [[calculadora]]s, [[Teléfono móbil|teléfonos móbiles]], [[reproductor de áudio portátil|reproductores portátis de áudio]] ou [[PDA|PDAs]].
Liña 7:
==Mecánica do xogo==
 
[[Image:Tetrominoes IJLO STZ Worlds.svg|right|frame|Os sete tetrominostetrominós coas súas cores no Tetris. Arriba, de esquerda a dereita: ''I, J, L, O''. Abaixo: ''S, T, Z''.]]
 
Unha secuencia aleatoria de [[tetrominotetrominó]]s (compostos cada un de catro bloques cadrados) cae polo campo de xogo (de forma rectangular disposto verticalmente, chámaselle ''matrix''). O obxecto do xogo é manipular estas pezas, movéndoas de esquerda a dereita e rotándoas de 90 en 90 [[grao]]s, co fin de crear liñas horizontais de bloques sen buracos. Cando unha ou máie liñas son creadas estas desaparecen, e os bloques por enriba caen. A medida que progresa o xogo os tetrominostetrominós caen más axiña. O xogo finaliza cando o feixe de tetrominostetrominós acada a parte superior do campo onde se xoga e non poden caer novas pezas.
 
Os manuais de xogo de Tetris refírense aos diferentes tetrominostetrominós coma ''I'', ''J'', ''L'', ''O'', ''S'', ''T'', e ''Z''<ref name="tdsmanual">Manual de ''Tetris DS'' para Nintendo, 2006</ref> debido á súa semellanza coas letras do alfabeto, porén os xogadores adoitan utilizar outros nomes. Todos son capaces de limpar dúas liñas, ''I'', ''J'' e ''L'' poden limpar tres, e só o ''I'' pode limpar catro liñas, o denominado ''«tetris»'' (porén, en versións máis modernas, existen implementación que permiten a outras pezas facer en determinadas ocasións máis liñas das qeu nun principio se poderían).
 
===Cores dos tetrominostetrominós===
A versión orixinal de Pajitnov para a computadora [[Elektronika 60]] utilizaba certas cores para diferenzar as pezas, mais na versión popularizada pola Game Boy usaba distintos tons de gris. As cores utilizadas nas diferentes versións varían considerabelmente dunha a outra.
{| align="center" style="margin: 0 auto;" class="wikitable"
Liña 86:
As dimensións do campo é un dos aspectos que menos mudanzas presenta: case sempre conta con 10 celas de ancho por 20 de alto. Só algunhas versións para dispositivos portátiles teñen campos máis reducidos, como por exemplo, a maquiniña ''Tetris Jr.'' que ten 8x12, e o ''Tetris'' para Game Boy que ten 10x18.
 
Tradicionalmente os bloques aparecen arriba de todo nas columnas centrais. O tetrominotetrominó ''I'' ocupa as columnas 4, 5, 6 e 7, o ''O'' as columnas 5 e 6, e o resto as 4, 5 e 6 (ou nalgunhas versións, sobre todo vellas, as 5, 6 e 7). Nalgúns xogos recente as pezas aparecen por enriba do campo de xogo.
 
Cada dez liñas feitas prodúcese unha subida de nivel e, con el, a velocidade coa que caen os tetrominostetrominós increméntase lixeiramente e aumenta o número de puntos dados. En versións máis novas coma o ''Tetris Worlds'' o número de liñas requeridas muda tamén con cada nivel. Por exemplo, o tetris para a NES traballa a 60 ''frames'' por segundo. A nivel 0, unha peza cae un paso cada 48 ''frames'' e no nivel 19 cada 2 ''frames''. As subidas de nivel tamén rematan en certo punto (no Tetris da Game Boy o máximo é o nivel 20) ou continúan indefinidamente mais sen aumentar a velocidade máxima. Na versión para a NES o máximo nivel de velocidade é o 29 (debido á imposibilidade do dispositivo de ir máis rápido) mais as emulacións poderán amosar unha subida indefinida-ou en realidade por un fallo técnico aparecerán caracteres non numéricos. Versións modernas coma o ''Tetris the Grand Master'' ou ''Tetris Worlds'', optan nos seus máis altos niveis por arroxar as pezas a máis de unha ringleira por ''frame''. Os tetrominostetrominós parecen acadar o fondo nada máis apareceren, por iso estes xogos ofrecen unha pequena demora na que o xogador pode deslizar por un momento a pezano fondo para axudar a xogar cunha velocidade de caída tan imposíbel.
 
As deixadas suaves foran introducidas por primeira vez nas versións da Nintendo. Mentres que as deixadas fortes foron orixinadas nas primerias versións para PC. Os Tetris máis recentes permiten facer as dúas deixadas.
Liña 96:
Unha das características máis aprezadas polos xogadores máis habilidosos é o ''wall kick'', ou a capacidade de rotar as pezas mesmo cando estas tocan as paredes. Nalgunhas versións, por exemplo, se a peza Z está posta verticalmente e caendo apoiada sobre a parede da esquerda, o xogador non poderá virala. O xogador non terá outra opción qeu movela cara a dereita unha pocición e despois rotala, perdendo un tempo precioso. AS primeiras implementacións do ''wall kick'' apareceron por pirmeira vez coa versión arcade de Atari Games.
 
A previsión de pezas permite ollar cal será o seguinte tetrominotetrominó que entrará no campo. Esta característica foi introducida xa coas primeiras versións, mais facía que a puntuación crecese máis de vagar.
===Novas versións===
As versións máis novas do Tetris engaden diferentes obxectivos de puntuación que difiren dos tradicionais. Como acadar estes obxectivos sen perder se converte nalgo máis difícil, estes xogos engaden novas características para axudaren aos xogadores.
Liña 110:
 
===Sería posíbel xogar eternamente?===
Esta pregunta foi formulada por primeira vez por [[John Brzustowski]] munha [[tese]] publicada en [[1988]]<ref>John Brzustowski. [http://www.iam.ubc.ca/theses/Brzustowski/brzustowski.html Can You Win at Tetris?] Visto o 25 de febreiro de 2007.</ref> e foi investigada máis recentemente en diferentes artigos por [[Walter Kosters]]. A conclusión á que se chegou foi a de que os xogadores están inevitabelmente condeados a perderen. A razón encontrase segundo estas teses nos tetrominostetrominós S e Z, se un xogador recebe unha longa secuencia de tetrominostetrominós desta clase, a gravidade do xogo forzará a deixar algún burato nos currunchos.
 
Os buratos iranse acumulando até chegar inevitabelmente á parte superior da pantalla. Se as pezas están dispostas aleatoriamente esta secuencia "tráxica" terá que producirse forzosamente nalgún momento levando a partida ao seu final, isto sempre que o xogo (como un xerador de numeros aleatorio, ideal, uniforme e inconexo) é xogado durante tempo dabondo.<ref>[http://www2.math.uic.edu/~burgiel/Tetris/explanation.html Dr. Burgiel's Tetris Research Page, Explanation] Visto o 25 de febreiro de 2007.</ref><ref>Heidi Burgiel. [http://www.geom.umn.edu/%7Eburgiel/Tetris/tetris.PS How to Lose at Tetris], Mathematical Gazette, vol. 81, pp. 194-200 1997</ref>
Liña 135:
A popularidade do Tetris foi resultado da súa aparición nos [[media]]. Apareceu en dous episodios dos [[debuxos animados]] sobre [[videoxogo]]s ''[[Captain N: The Game Master]]''. Tamén apareceu no capítulo dos ''[[Muppet Babies]]'', "It's Only Pretendo"; nos capítulos dos ''[[The Simpsons|Simpsons]]'', "Strong Arms of the Ma" (onde Homer utiliza o efecto Tetris no seu cerebro para encher o seu coche coa familia e as compras pero ficando el sen sitio) e "Thirty Minutes Over Tokyo"; no capítulo de ''[[Family Guy]]'', "Prick Up Your Ears"; e no de ''[[Futurama]]'', "Fear of a Bot Planet". En ''[[Police Academy: Mission to Moscow]]'' (''Louca Academia de Policía: Misión Mocú''), faise referencia ao Tetris ao representar aos rusos tentando hipnotizar aos americanos cun videoxogo de crebacabezas denominado no filme como "O Xogo". No programa de televisión americana ''[[The Colbert Report]]'', a personaxe de dereitas Stephen Colbert lamenta o fin dunha época máis inocente marcado por, entre outras cousas, que xa non haxa «ningún xogo no que cando feches os ollos aínda vexamos formas caendo». tamén teñen aparecido referencias en anuncios, ou mesmo en outros videoxogos coma no [[NeoGeo Battle Colosseum]], da [[NeoGeo]], onde a personaxe de Ai lanzaba un ataque característico con varios bloques de Tetris.
 
En [[2007]], a [[páxina web]] de videoxogos [[GameFAQs]], facía a súa sexta ''Batalla de Personaxes'' anual, na cal os seus usuarios nominan ás súas personaxes favoritas de videoxogos para unha competición de popularidade entre esas personaxes. O tetrominotetrominó L do Tetris (ou ''L-Block'' - Bloque L - como foi chamado) entrou coma personaxe de broma mais chegados ao 4 de novembro feita unha moi boa competición.<ref>{{cite web | url=http://www.gamefaqs.com/features/contest/cb6 | title=Fall 2007: The Great GameFAQs Character Battle VI | publisher=GameFAQs | accessdate=2007-11-29}}</ref>
 
No [[Xapón]], un xogo de acción da televisión moi popular chamado ''[[Brain Wall]]'' (ou "Human Tetris"), emitiuse durantes varias temporadas nun programa de variedades. Os participantes integrábanse en dous equipos (vermello ou azul) emparellados con personaxes habituais. Cada equipo enfréntase a unha parede con pintadas con formas de figuras do Tetris que se van movendo. O formato tivo éxito e chegouse a exportar a outros países.