Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: la:Theophilus Gautier
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
Théophile Gautier naceu o 30 de agosto de [[1811]] en Tarbes, capital do departamento de [[Hautes-Pyrénées]], no suroeste de [[Francia]]. O pai, Pierre Gautier, era un pequeno funcionario bastante culto. A mai foi Antoinette-Adelaïde Concarde. A familia trasladouse a París en [[1814]], onde residiron no distrito de Marais.
 
Gautier comezou a súa educación como interno no prestixioso ''Collège Louis-le-Grand'' en París (entre os seus alumnos estiveran [[Charles Baudelaire]] e [[Voltaire]]). A estancia durou tres meses e tivo que ser levado á casa a causa dunha doenza e da súa falta de adaptación. Acabou a instrución no ''Collège Charlemagne'', pero o seu principal educador foi seu pai que o empurrou cara o estudo do [[latín]]. Na escola coñeceu a [[Gérard de Nerval]] que se converteu nun amigo para toda a vida e que lle presentou a [[Victor Hugo]], xa establecido como poeta e dramaturgo e que tería unha importancia definitiva en apartar a Gautier da carreira de pintor coa que daquela soñaba e inclina-lo cara á literatura. Gautier estivo presente nona tumultuosotumultuosa estreoestrea da obra de Hugo "''Hernani''", onde se fixo notar polo seu chaleco vermello.
 
Pouco despois da [[revolución de 1830]] a familia Gautier pasou por dificultades económicas e tiveron que trasladarse ás aforas de [[París]]. Téophile decidiu ficar cos seus amigos no distrito de Doyenné, onde levou unha vida bohemia. A finais de [[1830]], Gautier comezou a frecuentar as reunións en ''Le Petit Cénacle'', un grupo de artistas que se reunía no estudo de [[Jehan Du Seigneur]], unha versión irreverente do "Cénacle" de Victor Hugo, e no que se xuntaban Gérard de Nerval, [[Alexandre Dumas]] pai, [[Petrus Borel]], [[Alphonse Brot]], [[Joseph Bouchardy]] e [[Philothée O’Neddy]]. ''Le Petit Cénacle'' gañou axiña sona de extravagante e excéntrico, pero tamén de punto de encontro único.
Liña 55:
*1839: Une Larme du diable
*1843: Voyage en Espagne
*1845: Poésies(completas. EstreoEstrea da comedia "Le tricorne enchanté"
*1846: Le club des haschichins
*1847: Estreo da comedia "Pierrot posthume"