Meiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Baldung Hexen 1508 kol.JPG|thumb|[[Hand Baldung Grien]]: Meigas]]
Segundo a tradición popular, muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de [[menciñeira]] (probabelmente a súa etimoloxía procede do [[latín]] medica > meiga). Entre as súas cualidades, figuran a capacidade para facer feitizos, males de ollo e adiviñación.
 
A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular, e diferénciase da bruxa en que esta actúa sempre con maldade, podendo tratar e mesmo pactar cos demos. A figura da bruxa correspóndese en gran medida co arquetipo clásico da bruxa vestida de negro, con sombreiro cónico e a súa inevitable vasoira, namentres que a figura da meiga achégase moito máis a unha muller de aldea, con certa idade, mais con maior heteroxeneidade no demais.