Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Portugal»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:34- Rei D. Carlos - O Diplomata.jpg|150px|thumb|Retrato de D. Carlos I de Portugal]]
'''Carlos I de Portugal''', alcumado ''o Martirizado'' ou ''o Mártir'' (nado en [[Lisboa]] o [[28 de setembro]] de [[1863]] e falecido o [[1 de febreiro]] de [[1908]]) foi o penúltimo [[rei de Portugal]]. O seu nome completo era ''Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José SimãouSimão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança''.
 
Era fillo do rei [[Luís I de Portugal|Luís Filipe]] e da princesa [[María Pía de Saboia]], filla de [[Víctor Manuel II]], rei de [[Italia]].
Carlos converteuse en rei o 10 de outubro de [[1889]]. Home intelixente pero propenso á extravagancia, as políticas, despilfarros e amoríos extramaritais de Carlos selaron o destino da monarquía portuguesa. Os tratados coloniais co [[Reino Unido]] (un asinado en agosto de 1890, que definiu as súas fronteiras africanas ao longo do Zambeze e o Congo, e outros asinados o 14 de outubro de 1899 que confirmaban os tratados coloniais do século XVII) estabilizaron a situación en África. En política interior, [[Portugal]] foi declarada en bancarrota dúas veces -o 14 de xuño de 1892, e novamente o 10 de maio de 1902 - causando disturbios industriais, antagonismo con socialistas e republicanos, e a crítica da prensa á monarquía. Carlos respondeu ao nomear a João Franco como primeiro ministro e subsecuentemente aceptando a disolución do Parlamento.
 
O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o [[río Texo]], e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por Terreiro do Paço. Mentras cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Luís Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron mortos a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe [[Luís Filipe de Bragança|Luís Filipe]] morreu, e días máis tarde, [[Manuel II de Portugal|Manuel]] foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Bragança-Wettin.
 
Carlos casou coa princesa ''Amélie de Orléans'' en 1886. Ela era filla de Philippe, Conde de Paris e de Marie Isabelle d'Orléans. Os seus fillos foron:
Usuario anónimo