Mosca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
categoría máis específica
Rosamf (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
'''Mosca''' é o nome xenérico dun extenso grupo de especies de [[insecto]]s pertencentes á orde dos [[díptero]]s (''Diptera''). Foron clasificadas unhas 120.000 especies de moscas, e algúns científicos estiman que hai un millón de especies vivas hoxe en día. Así pois, unha de cada dez especies animais recoñecidas pola ciencia é unha mosca, e existen máis especies distintas de moscas que de [[vertebrado]]s.
 
As moscas posúen un corpo con [[cabeza]], [[tórax]] e [[abdome]]; o primeiro par de ás están completamente formadas e o segundo par está transformado nuns apéndices chamados [[hapterio]]s que lle serven para o equilibro no voo; ollos compostos por centos de facetas sensibles á luz individualmente, e pezas bucais adaptadas para succionar, lamber ou perforar. Ningunha mosca é quen de morder ou mastigar, pero moitas especies pican e succionan sangue. O seu ciclo de vida é holometábolo, compostoisto deé, catroque pasa por varias fases morfolóxicas, que no caso da mosca son catro: o ovo, a [[larva]] ou cresa, a [[ninfa]], e o adulto. Algunhas especies completan este ciclo nuns poucos días; e outras, nun ou dous meses.
 
As moscas forman parte de case tódolostodos os [[ecosistema]]s, en tódolostodos os hábitats terrestres. As consecuencias da súa presenza no medio ambiente e na sociedade humana son de importancia excepcional, porque xunto cos [[mosquito]]s, e só despois do home e os microorganismos patóxenos, as moscas son os seres vivos que causan máis dano e morte no planeta. Son axentes de transmisión dunha gran cantidade de enfermidades, incluíndo [[cólera]], [[dengue]], [[disentería]], [[febre amarela]], [[malaria]], [[salmonelose]] e [[febre tifoidea]]; e causan perdas significativas na produción de froitas ye outros vexetais.
 
As moscas son tamén organismos moi importantes na reciclaxe dos refugallos de orixe animal e vexetal, un proceso esencial para a permanencia da vida na terra. Son tamén necesarias como alimento de [[paxaro]]s, [[ra]]s e outros [[réptil]]es, [[morcego]]s, [[araña]]s, e [[insecto]]s varios. Moitas moscas participan tamén na [[polinización]] das plantas.