Empresa pública: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
Denomínase '''empresa pública''' ou '''empresa estatal''' a toda aquela que é propiedade do [[Estado]], sexa no ámbito nacional, rexional, municipal ou de calquera outro estrato administrativo. A gran maioría dos estados controla empresas con diferentes fins, que poden por exemplo prover servizos públicos, incentivar a produción do país ou xerar emprego. Teoricamente unha empresa pública procura a rendibilidade social sobre a rendibilidade económica típica das empresas privadas, aínda que isto pode non ser así.
 
Teoricamente unha empresa pública procura a rendibilidade social sobre a rendibilidade económica típica das empresas privadas, aínda que isto pode non ser así.
 
==Historia==
Coa aparición do [[Estado de benestar]] en [[Europa]] e o populismo en [[América Latina]] logo da [[Segunda Guerra Mundial]], fíxose moi común a estatización ou nacionalización de empresas privadas que pasaron á órbita pública; ata mediados da década dos 70 do [[século XX]] houbo en case todos os países do mundo gran cantidade de empresas públicas no marco do denominado Estado empresario. Naqueles países cun sistema económico socialista e unha economía planificada como o foi a [[Unión Soviética]] e o é [[Cuba]], o Estado controla a totalidade da economía ou gran parte dela, polo que practicamente calquera empresa existente é estatal.
 
Non obstante, así como se di que as empresas públicas procuran o ben da sociedade, son branco de críticas por parte da [[ortodoxia económica]] e a doutrina [[neoliberalismo|neoliberal]], que as describe como ineficientes por natureza, por mor da burocracia administrativa e a falla de estímulo dos traballadores, plantexando ademáis que a [[libre competencia]] mellora a productividade. Co auxe desta serie de teorías a finais dos anos '70 a súa posterior hexemonía nos '80 e '90, moitas antigas empresas do estado foron privatizadas e convertidas en empresas privadas, dando lugar ao chamado [[libre mercado]].
 
[[América Latina]] e Europa do Leste (despois da desarticulación da [[Unión Soviética]]) foron un campo de probas para as privatizacións, promovidas polo [[FMI]] e a [[OMC]], entre outros organismos internacionais. Sen embargo, houbo diferenzas no grao de privatización da economía entre os diferentes países. Mentres que en [[Arxentina]] as empresas do Estado foron casi todas vendidas ou disoltas, como Ferrocarriles Argentinos e a petroleira YPF, o seu veciño [[Uruguai]] conservou unha gran cantidade delas, como a telefónica ANTEL e a petroleira ANCAP.