Alberto García Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxo lingua
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Alberto García Ferreiro''', nado en ([[Ourense]], o [[11 de marzo]] de [[1860]] -e finado en [[Santiago de Compostela]], o [[9 de febreiro]] de [[1902]]), foi un escritor e xornalista [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
AlbertoGarcía Ferreiro estudou en Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito. Instalouse na súa cidade natal como avogado, onde foi famoso polas súas capacidades oratorias. Ao mesmo tempo escribiu literatura e fundou as revistas ''[[A Pluma]]'', ''[[A Defensa de Galicia]]'' e o xornal ''[[A Semana]]''. Colaborou en ''[[O Tío Marcos da Portela]]'' e organizou a [[Asociación Regionalista Gallega]] en [[Ourense]].
 
Escribiu tamén unha obra de teatro, titulada ''Loitar pola Patria'' que foi estreada en Santiago de Compostela en [[1879]]. Segundo os críticos Alberto García Ferreiro é un discípulo de [[Manuel Curros Enríquez]], e ao igual que o seu mestre, foi progresista, liberal e anticlerical. Non dominaba ben o Galego, mesturandoo co Castelán e usando [[hiperenxebrismo]]s. A súa mellor obra é ''Lenda de groria'' un poema épico sobre o ataque da flota Inglesa de [[Francis Drake]], que foi premiada en [[1890]] na Coruña polo ''Liceo Brigantino''.