Diferenzas entre revisións de «Peste negra»

==A Peste na Europa==
[[Ficheiro:Bubonic plague map.PNG|dereita|thumb|Progresión anual da Peste Negra na Europa no século XIV. A cor verde indica zonas pouco alcanzadas]]
A peste responsable da [[epidemia]] do [[século XIV]] xorde durante o cerco á colonia de [[Xénova]], [[Caffa]], na [[Crimea]] (Ucraína), en [[Outubro]] de [[1347]] polos [[Tatar]]es (un pobo [[mongol]] ou turco) auxiliados polos [[venecia]]nos. A peste matou tantos tatares que foron obrigados a retirarse, mais non sen contaminar a cidade. Nesta morreron tantos habitantes que tiveron de ser queimados en piras, xa que non había man de obra suficiente para os soterrar. [[Constantinopla]] terá sido infectada na mesma altura. Varios navíos xenoveses fuxiron da peste, indo atracar aos portos de [[Messina]], [[Xénova]], [[Marsella]] e [[Venecia]], coas adegas cheas dos cadáveres dos mariñeiros. A transmisión terá sidosería feita polos ratos negros de Caffa, que transmitiron as súas pulgas infectadas aos ratos destas cidades. Así se explica que a pesar de que algunhas cidades rexeitaran os navíos, foran infectadas igualmente, xa que os ratos escapaban polas cordas de atraque.
 
Da [[Italia]] a doenza espallouse polo resto da Europa, atinxindo a [[Gran Bretaña]] e [[Portugal]] en [[1348]] e finalmente a [[Escandinavia]] en [[1350]]. Algunhas zonas zafaron inexplicabelmente, como [[Milán]] e [[Polonia]].
Usuario anónimo