Diferenzas entre revisións de «Benetússer»

m
Sem resumo de edição
A extensión do seu termo municipal, un dos máis pequenos da comarca, foi un dos motivos principais que configuraron a economía do municipio, xa que os [[Agricultura|agricultores]] tiveron que buscar terras de cultivo nos municipios veciños e, máis recentemente, a falta de chan cultivable ademais das súas boas comunicacións (o primeiro [[ferrocarril]] chegou en [[1852]]) conduciu súa economía a unha intensa industrialización. O sector industrial de Benetússer e dos seus arredores, tradicionalmente, estaba especializado na industria moble aínda que tamén destacaban os talleres agro-alimentarios, as destilerías ou as fábricas de peites. A produción realizábase en pequenos talleres de orixe artesanal e familiar, ampliados a empresas medianas nos últimos anos.
 
Actualmente, o sector do [[moble]] segue a ser unha actividade importante, aínda que os centros de produción fóronse desprazando cara aos polígonos industriais doutras poboacións, debido ao reducido tamaño do municipio, quedando neste unicamente as exposicións e tendas destes produtos. Deste xeito gran parte da poboación activa do concello pertence ao [[sector servizos]].
 
==Ligazóns externas==
60.919

edicións