Diferenzas entre revisións de «Mármore»

sen resumo de edición
m (bot Engadido: an:Marbre)
[[Ficheiro:Michelangelos David.jpg|thumb|200px|right|O [[David]] de [[Miguel Anxo]] é unha das esculturas de mármore máis coñecidas do mundo]]
 
O '''mármore''' é un tipo de [[rocha]] compacta formada a partires de rochas calcáreas[[calcaria]]s que, sometidas a elevadas [[temperatura]]s e presións, acadan un alto grao de [[cristalización]]. O compoñente básico do mármore é o [[carbonato cálcico]], cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen a súa características físicas. Tras un proceso de pulido por [[abrasión]] o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na [[construción]], [[decoración]] e [[escultura]]. Ás veces é [[translúcido]], ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul, o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas ente elas.
 
[[Ficheiro:Marmolería_en_Lugo.JPG|thumb|170px|left|Marmorería en [[Lugo]]]]
*É famoso o mármore branco de [[Carrara]] en [[Italia]].
*Ademais dos anteriores existe un mármore branco de grande calidade e con denominación de orixe moi valiosa e famoso, o cal atópase en obras tan importantes como o patio dos leóns na [[Alhambra]] de [[Granada, España|Granada]]. Este mármore, é o de [[Macael]] na [[provincia de Almería]], cidade coñecida como "cidade do ouro branco".
 
== Orixe ==
 
O mármore é unha [[rocha metamórfica]] resultante do [[metamorfismo]] da rocha de [[carbonato]]s sedimentaria, así como [[calcaria]] e pedra de [[dolomita]], ou tamén pode provir dun mármore máis antigo. Este proceso de metamorfose causa unha completa recristalización da rocha orixinal nun mosaico entrelazado de [[calcita]], [[aragonito]] e [[cristal|cristais]] de [[dolomita]]. As temperatura e presión necesarias para formar mármore destrúen usualmente os [[fósil]]es e as texturas sedimentarias presentes na rocha orixinal.
 
O mármore branco puro é o resultado do metamorfismo de calcarias de gran pureza. Os característicos remuíños y veas dos mármores coloreados son debidos normalmente a diferentes impurezas minerais, como [[arxila]], [[limo]], [[area]], [[óxido de ferro]], ou [[rochas silíceas]] como o [[xaspe]], o [[sílex]], [[cuarzo]], [[ópalo]]) que están orixinalmente presentes como grans ou capas na pedra calcaria. A coloración verde é normalmente debida á [[serpentina]] resultando do alto contido orixinal de magnesio da calcaria ou a dolomita coas impurezas de sílice. Estas impurezas son movilizadas e recristalizadas pola calor e as elevadas presións do metamorfismo.
 
===Ligazóns externas===
{{commons|Marble}}
 
[[Categoría:Materiais]]
Usuario anónimo