Diferenzas entre revisións de «Afección (hobby)»

Nova páxina: "Unha afección, tamén coñecida como '''hobby''' ou '''pasatempo''', é unha actividade humana que ten como fin principal o entretemento da persoa que a realiza e que ocupa, nor..."
m (bot Modificado: fa:سرگرمی)
(Nova páxina: "Unha afección, tamén coñecida como '''hobby''' ou '''pasatempo''', é unha actividade humana que ten como fin principal o entretemento da persoa que a realiza e que ocupa, nor...")
Unha afección, tamén coñecida como '''hobby''' ou '''pasatempo''', é unha actividade humana que ten como fin principal o [[entretemento]] da persoa que a realiza e que ocupa, normalmente, o seu tempo de [[lecer]]. Esta actividade realízase de maneira habitual e non sempre procura unha finalidade productiva concreta. Do mesmo xeito, moitas actividades poden ter unha vertente profesional ou productiva e outra propia da do pasatempo, así a [[cociña]] ou a [[programación]] de [[computadore]]s poden ser para unha persoa unha [[profesión]], unha afección ou, mesmo, as dúas cousas a un tempo.
Un '''hobby''' é a actividade que se realiza por afección no [[tempo libre]]. Os ''hobbies'' practícanse para o interese e o goce, máis ben que a recompensa financeira. Os exemplos inclúen [[coleccionismo|coleccionar]], artes manuais, [[deporte]]s ou aprendizaxe. Afeccionarse a un hobby pode conducir a adquirir habilidade, coñecemento e experiencia. Con todo, a satisfacción persoal é o principal motivo para practicalo. O que é un hobby para algúns é unha profesión para outras: un testeador profesional de [[videoxogo|xogos]] pode gozar cociñando, mentres que un [[chef]] profesional pode gozar xogando cos xogos dunha computadora.
 
Xeralmente o termo '''aficionado''' ou '''''amateur''''' aplícase para todas aquelas actividades practicadas sen un carácter profesional, isto é coma unha simple afección persoal. Desta maneira pódese ditinguir, por exemplo, un deportista aficionado ou amateur coma aquel que practica algún deporte para pasar o tempo, daquel que o fai por motivacións económicas.
[[Categoría:Hobbies e afeccións]]
 
==Tipos de afección==
[[ar:هواية]]
===Coleccionismo===
[[bat-smg:Huobis]]
Consiste na actividade centrada na adquisición dunha serie de artigos que gozan dalgún valor especial para a persoa que colecciona. Habitualmente o coleccionista soe comprar e intercambiar obxectos con outras persoas que comparten esta afección e a miúdo teñen as súas coleccións perfectamente organizadas e coidadas. Dado o carácter estrictamente persoal que se lle dá ao valor das coleccións estas poden ser moi variadas e ir desde aspectos moi concretos como [[botella]]s de [[cervexa]] até aspectos máis xerais como selos do mundo. Entre os diferentes tipos de [[coleccionismo]] poderíamos citar: obxectos artísticos, antigüidades, postais, chaveiros, almanaques, autógrafos, etc. Porén os coleccionismos máis estendidos son a [[filatelia]] e a [[numismática]].
[[bg:Хоби]]
 
[[bn:শখ]]
===Xogos===
[[bs:Hobi]]
Son actividades recreativas estruturadas (ou semiestruturadas) cun fin lúdico (aínda que as veces poidan ter tamén unha finalidade de entrenamento mental ou físico). O que identifica e define a cada [[xogo]] son os obxectivos que os xogadores deben atinxir respectando unha serie de regras dadas. Deste xeito pódense distinguir unha enorme variedade de xogos: [[videoxogo]]s, xogos de mesa, de rol, de simulación, de estratexia, etc. Algúns xogos destacados son: o [[xadrez]], o [[tetris]], as [[damas]], [[parchís]], [[tute]], [[sete e medio]], [[póker]], o [[backgammon]], [[dominó]], [[Dragóns e mazmorras]], etc.
[[ca:Passatemps]]
 
[[cs:Hobby]]
Algúns xogos supoñen a realización de actividades físicas o que fai que a fronteira entre xogo e deporte sexa ás veces moi difícil de establecer ou que se inclúan todos os deportes como xogos. De feito moitos deportes comezaron como xogos. Así na fronteira entre o xogo popular e o deporte: a [[chave]], a [[billarda]], a [[petanca]], o [[brilé]], etc. E xa como deportes que son practicados coma unha afección: [[fútbol]], [[balonmán]], [[baloncesto]], [[atletismo]], etc.
[[cy:Difyrwaith]]
 
[[da:Hobby]]
Resulta tamén complicado establecer unha diferenciación entre xogo, deporte e toda unha serie de actividades recreativas que se realizan ao ar libre. Deste xeito o [[sendeirismo]], o [[montañismo]], o [[skate]], montar en [[bici]], montar a [[cabalo]], o [[surf]], etc. encóntranse a medio camiño entre as diferentes definicións, sendo moitas veces a propia actitude do practicante a que establece se estamos a falar dunha afección deportiva ou lúdica (ou de ambas).
[[de:Hobby]]
 
[[en:Hobby]]
===Actividades artísticas e creativas===
[[eo:Ŝatokupo]]
Moitas persoas son aficcionadas a realizaren as máis diversas actividades de carácter artístico, tales como o [[canto]], tocar algún [[instrumento musical]], a [[escritura]], a [[danza]], a [[pintura]], a [[fotografía]], etc.
[[es:Pasatiempo]]
 
[[et:Harrastus]]
Existen outras moitas prácticas realizadas como afección que aínda sendo creativas non adoitan ser consideradas como unha ''[[arte]]''. Entre estas podemos citar unha extensa lista: [[ebanistería]], [[papiroflexia]], a [[maxia]], etc.
[[eu:Denborapasa]]
 
[[fa:سرگرمی]]
Dentro deste tipo de afeccións creativas hai un peqeuno grupo delas qeu atinxiron unha grande importancia como ''hobbies''. Son o modelismo, a cociña e a xardinería.
[[fi:Harrastus]]
 
[[fur:Hobby]]
====O modelismo====
[[fy:Leafhawwerij]]
Consiste na realización de réplicas de obxectos da vida real a un tamaño reducido e a escala. esta práctica está documentada xa desde moi antigo mais só en datas máis recentes coa extensión de materiais facilmete manipulábeis se extendeu esta práctica como afección. Entre os diferentes tipos de modelismo destaca o aeromodelismo (reproducción de avións a pequena escala capaces de voar), o [[tren eléctrico]], [[pintado de miniaturas]], recreación de casas e mobiliario, maquetas de cidades, etc.
[[ga:Caitheamh aimsire]]
 
[[hr:Hobi]]
Existe unha variedade de xogos que inclúen elementos do modelismo ao procurar recrear a realidade e que está presente tanto en videoxogos, como en xogos de rol ou mesmo en xogos máis convencionais.
[[hu:Hobbi]]
 
[[hy:Հոբբի]]
====A cociña====
[[id:Hobi]]
En principio unha necesidade, o acto de preparar os alimentos para o seu consumo converteuse tamén nunha afección moi estendida entre aqueles sectores da sociedade que teñen facilidade para satisfacer as súas necesidades alimenticias. Deste xeito adquiren un grande interese a selección dos ingredientes, os utensilios a empregar e tamén dos diferentes métodos para a preparación, presentación e mesmo o xeito de consumir os pratos.
[[it:Hobby]]
 
[[ja:趣味]]
====A xardinería====
[[jv:Hobi]]
Está afección procura o coidado de [[pranta]]s e [[xardín]]s con fins principalmente estéticos (aínda que se poden procurar atinxir outros aspectos coma o aproveitamento da enerxía, a alimentación, buscar áreas de lecer, etc.). Cómpre seleccionar ben as especies que se queren semear, o lugar onde facelo, os [[abono]]s, as [[poda]]s, etc.
[[ka:ჰობი]]
 
[[ko:취미]]
Unha variante da xardinería é o coidado de [[bonsai]]s, unha práctica importada do [[Xapón]] consistente en cultivar [[árbore]]s e prantas, reducindo o seu tamaño mediante diversas técnicas e modelando a súa forma para crear un estilo que recorde unha escena da natureza.
[[lt:Hobis]]
 
[[lv:Hobijs]]
===Actividades contemplativas===
[[ms:Hobi]]
Neste apartado incluiríanse actividades consistentes na contemplación de actividades realizadas por outros, sexan estas artísticas ou doutro tipo. Dentro desta categoría estarían importantes actividades coma a leitura (de [[libro]]s, [[revista]]s, [[fanzine]]s, [[xornal|xornais]], etc.), ir ao [[cinema]], ver a [[televisión]], ir ao [[teatro]], ir a [[exposición]]s, escoitar [[música]], asistir a partidos de fútbol, etc.
[[nap:Spassatiempe]]
 
[[nl:Hobby]]
==Ver tamén==
[[no:Hobby]]
*[[pl:HobbyXogo]]
*[[pt:PassatempoDeporte]]
*[[ro:HobbyProfesional]]
[[ru:Хобби]]
[[sco:Habby]]
[[sh:Hobi]]
[[simple:Hobby]]
[[sk:Hobby]]
[[sl:Konjiček]]
[[sq:Hobi]]
[[sr:Хоби]]
[[sv:Hobby]]
[[th:งานอดิเรก]]
[[tr:Hobi]]
[[uk:Хобі]]
[[wa:Pasmint d' tins]]
[[war:Hinawngan]]
[[zh:興趣]]
Usuario anónimo