Pino, Cospeito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
A poboación encóntrase agrupada en 19 lugares ou barrios (entre paréntese habitantes no 2008): Bouza (17), Broz (24), Carracido (32), A-Casiña (10), O-Castro (15), A-Costa (34), Desecabo (25), Fontesalgueira (47), A-Fraga (2), Gaioso (16), Guldeiros (29), Infesta (54), O-Mato (83), A-Millarada (12), O-Monte (3), Porto (31), A-Quenlla (9), A-Rabadá (46) e O-Sumeiro (6).
 
==O Castelo e o Pazo de Caldaloba==
Nesta freguesía atópase o [[Castelo de Caldaloba]]. Esta fortaleza pasou a engrosar o patrimonio do [[Mariscal Pardo de Cela]] tras o seu casamento con Isabel de Castro y Osorio. Preto da fortaleza atópase o [[Pazo de Caldaloba]].
Nesta freguesía atópase o [[Castelo de Caldaloba]] que consta dunha torre de 25 m. de altura, emprazada no antigo couto do Mato aproveitando o emprazamento defensivo dun antigo castro, con 4 fosos. Só se conserva a torre da homenaxe do antigo castelo, de catro plantas, de anchos muros de mampostería pizarrosa e granítica, planta cadrada, remate superior abovedado e varios estreitos ventanais. Foi propiedade do Mariscal Pardo de Cela, e lugar onde a súa filla Constanza de Castro se rebelou en 1483 contra os enviados dos Reis Católicos, como vinganza á decapitación do seu pai en Mondoñedo. As revoltas Irmandiñas e o paso do tempo ocasionaron o seu actual estado ruinoso, pois queda abandonada desde o s. XV, ainda que actualmente as súas ruínas están consolidadas. Cóntase a existencia dun túnel que parte do castelo ata o pazo de Caldaloba, que se atopa preto da fortaleza.
 
==Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino==
 
O 21 de xaneiro de 2007 nace a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, unha asociación sen ánimo de lucro, aconfesional e non partidista, que ten como obxectivos defender os intereses lexítimos da comunidade veciñal, tanto a nivel persoal, familiar ou parroquial, atendendo ao fomento do benestar e intereses comúns dos membros da parroquia, así como fomentar o desenvolvemento e a formación humana cultural e social, promovendo actividades artísticas, culturais, deportivas e recreativas.