Combarro, Combarro, Poio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Combarro''' é o núcleo principal da parroquia poiense do mesmo nome. Ademais, contén un dos conxuntos históricos máis fermosos e mellor conservados de Galicia. É famoso ..."
 
p
Liña 1:
'''Combarro''' é o núcleo principal da parroquia poiense do mesmo nome. Ademais, contén un dos conxuntos históricos máis fermosos e mellor conservados de [[Galicia]]. É famoso tamén polos seus hórreos, á beira do mar. Conta con 1.253 habitantes (INE,2008). É un aumento respecto a 2007, cando tiña 1.217 residentes.
 
 
== Comunicacións ==
A principal estrada para chegar a Combarro é a [[PO-308]], que bordea a costa norte da ría. Atópase preto de [[Poio]], [[Sanxenxo]] ou [[Pontevedra]]
 
 
== Economía ==
O sector turístico e comercial é o máis importante. Conta con numerosos restaurantes, marisquerías e tendas no casco histórico. Tamén é importante o sector pesqueiro, co porto de Combarro. O sector secundario é case inexistente e poucas persoas traballan no sector primario, dado o ambiente urbano da vila.
 
 
== Monumentos ==
Combarro é unha vila con encanto, onde a pedra convive co mar. Conta cun casco histórico moi ben conservado e fermosísimo. Con rúas moi estreitas, soportais,... é unha vila mariñeira. A igrexa parroquial, e as rúas da vila débense visitar. Son moi famosos tamén os hórreos de Combarro, case sobre o mar.