Joaquín Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
imaxes
mSen resumo de edición
Liña 2:
'''Joaquín Loriga Taboada''' ([[Lalín]], [[23 de setembro]] de [[1895]] - [[aeródromo de Cuatro Vientos]], [[18 de xullo]] de [[1927]]) foi un aviador e militar [[Galicia|galego]]. Participou, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, no voo Madrid-Manila da escuadrilla ''Elcano''.
 
==Traxectoria==
Naceu na parroquia de [[Prado, Lalín|Pardo]], no concello de [[Lalín]]. Pertencía a unha familia de tradición militar, os Taboada, cuxa casa era o [[pazo de Liñares]]. En [[1912]] ingresou na [[Academia de Artillería]] de Segovia, realizando posteriormente o curso de habilitación para piloto na promoción 1920-1921. Participou na [[guerra do Rif]], incorporándose en [[1921]] ao servizo da aviación militar, logo de ser ascendido a capitán. Destinado en [[Melilla]], como xefe da terceira escuadrilla, coñeceu a [[Eduardo González Gallarza]], que anos despois o acompañaría no voo [[Madrid]]-[[Manila]]. Polas súas accións na guerra do Rif recibiu a [[Medalla Militar]] en setembro de [[1923]] xunto a outros aviadores distinguidos, como [[Ramón Franco]], [[Juan de Ortiz]] e o seu compañeiro Gallarza.