Diferenzas entre revisións de «Dinky»

m
Falta un chisco
mSem resumo de edição
m (Falta un chisco)
 
O termo '''DINKY''' (ou '''dinki''') é un acrónimo acuñado no Reino Unido nos anos 80 polo sociólogo Millward Brown que corresponde as palabras inglesas ''”double income, no kids yet”'' (dobre salario, sen fillos aínda). Utilízase para referirse ao grupo social constituido por parellas de entre 25 e 35 anos, con ingresos elevados e que pospoñen a súa paternidade de forma indefinida para poder dedicarse ás súas carreiras laborais.
 
A etapa dinki pode considerarse nalgúns casos coma un período de transición antes de optar por ter un fillo ou pode converterse nunha forma permanente de vivir en parella. A aparición desde fenómeno está asociada con distintas causas, coma poden ser certas motivacións ideolóxicas (o ambientalismo, a preocupación pola sobrepoblación mundial) ou o cambio de roles que tivo lugar na sociedade nas últimas décadas.
 
Segundo estudios sociolóxicos, as parellas dinkies caracterízanse por ser profesionais moi ambiciosos e por manter uns hábitos de vida un tanto selectos.
 
Esta filosofía de vida, que se da tanto a parellas homosexuais coma heterosexuais, é en ocasións duramente criticada pola Igrexa, por considerala unha visión egoísta, que favorece ao consumismo e ao éxito profesional por diante dos valores familiares.
 
 
[[Categoría:Terminoloxía]]
651

edicións