Diferenzas entre revisións de «San Pedro del Pinatar»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Belladurmiente.jpg|right|400px|thumb|A serra de Escalona limita a depresión litoral, xunto á de Carrascoy, proporciona este perfil coñecido como "La bella durmiente" a causa da forma de muller deitada que parece representar. Nesta foto vése a serra desde unha charca das Salinas.]]
 
'''San Pedro del Pinatar''' é un [[municipio]] da [[Rexión de Murcia]], en [[España]]. Ao atoparse nas ribeiras do [[Mar Mediterráneo]] e do [[Mar Menor]] dispón de gran atractivo turístico e ecolóxico. Ao norte do municipio atópase o parque natural das [[Salinas e Areais de San Pedro del Pinatar]].<ref>[http://www.carm.es/siga/mnatural/proycons/espnat/porn/sanpedro/0Por-Sp2.pdf Plan de ordenación dos recursos naturais]</ref> Dirección xeral do Medio Natural, Comunidade autónoma de Murcia, xuño 1995. Nun radio de menos de 50 [[km]] pódense atopar tres núcleos urbanos de máis de cen mil habitantes: [[Torrevieja]], [[Cartaxena (España)|Cartaxena]] e [[Murcia]].
 
A pesar de ser un municipio relativamente pequeno a súa situación estratéxica na costa e as súas calidades ambientais orixinaron un crecemento moi rápido da poboación e un aumento da actividade comercial e económica. Ao mesmo tempo produciuse unha gran presión urbanística que minimizou o chan dedicado ás tarefas agrícolas.<ref>[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-04-11-2007/abc/Nacional/cara-y-cruz-del-litoral-murciano_1641283469223.html Problemas no litoral murciano]</ref>. Publicado 4-11-2007. Consultado 9-03-2008 Dese modo, a pesca e a explotación das salinas deixaron de ser as súas actividades económicas case exclusivas.
 
As actividades relacionadas co lecer ocupan un destacado papel. O seu clima adecuado para actividades ao aire libre, as súas oito praias, tres portos deportivos, instalacións de talasoterapia, itinerarios ecolóxicos, zona de copas en ''Ala Curva'' de [[Lo Pagán]], etc, proporcionan unha oferta diversificada na zona; aínda que existen conflitos de intereses.<ref>[http://www.laverdad.es/murcia/20080229/comarcas/pedro-pinatar-llamamientos-internet-20080229.html Construcións ilegais na Curva]</ref>. Publicado 28-02-2008. Consultado 9-03-2008 As festas tradicionais realízanse no verán, o que fai que poidan participar moitas persoas que veranean na zona.
 
==Referencias==
</references/>
 
 
47.814

edicións