Absolutismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O '''absolutismo''' é unha forma de [[goberno]] na que o poder reside nunha única persoa, xeralmente un monarca, á que deben obedecer tódalas demais e sen que ningunha lei constitucional limite o seu poder. Abrangueu os séculos XVI, XVII, e XVIII, cando a influencia política da [[nobreza]] declinou. A teoría do [[dereito divino]] do poder real ou do [[absolutismo teolóxico]] naceu en [[Francia]] no último cuarto do século XVI e no ambiente das guerras de relixión. Os catro carácteres esenciais da autoridade real era a de ser sagrada, paternal, absoluta e racional.
 
== Causas do surdimento do Absolutismo ==
* A burguesía apoiaba a concentración do poder para estabilizar a economía dentro de todo o territorio dun Estado.
* O [[protestantismo]] ou [[Reforma protestante]], iniciado por [[Martín Lutero]] distanciou a un Estado como Alemaña da Igrexa e os Estados papais e diminuíu a súa importancia nas decisións do rei.
* A conquista de [[América]] levou a países como [[España]] e Portugal a acumular grandes cantidades de riquezas en [[ouro]] e [[prata]] ([[Mercantilismo]]) o que demostrou que o absolutismo tiña máis poder sobre os países veciños.
* A necesidade de xuntar forzas militares como no caso da guerra dos cen anos entre Francia e o Imperio Británico obrigou aos Estados a posuír un [[exército]] regular comandado polo rei e xa non por señores feudais dispersos e incomunicados.
* A crise da [[servidume]]
{{Réximes de forza}}