Abellón (macho da abella): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lv:Trans
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Abellón}}
[[Ficheiro:Drone 24a.jpg|thumb|250px]]
Os '''abellóns''', '''abáboros''' ou, '''abázcaros''' ou '''zanganos''' son as abellas machos da colmea; desenvólvense en celas máis grandes cas obreiras, de 8 milímetros de diámetro e proceden de ovos sen fecundar ([[partenoxénese]]). Nacen aos 24 días da posta, a cela operculada é facilmente recoñecible xa que sobresae por ser máis avultada que a dunha obreira. Cando se lles permite estirar panais ás obreiras sen cera estampada é factible que constrúan panais con celas propias de abellóns, nos cales a raíña depositará ovos non fecundados que darán orixe a abellóns. É importante que o apicultor non leve marcos con celas de abellóns á cámara de cría en virtude de que a reprodución destes é inversamente proporcional á produción de mel. As abellas manteñen naturalmente proporcións de abellóns elevadas, con respecto á necesaria na práctica apícola, destinada á produción de mel.
 
Os abáboros aparecen normalmente na primavera, perdurando en toda a estación reprodutiva da colonia, primavera-verán-comezo de outono, sempre que existan raíñas sen fecundar; sendo o tempo de vida de aproximadamente 3 meses. Se o fluxo de alimento é escaso as abellas obreiras expulsan aos machos, morrendo de frío ou fame fóra da colmea. As colmeas con raíñas virxes tolérannos ata a fecundación da mesma.