Graciano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: bg:Грациан
desambiguación
Liña 11:
O goberno do Imperio de Oriente quedou en poder de Graciano, pero ao sentirse incapaz de resistir as incursións dos [[bárbaro]]s propuxo ao xeneral [[Hispania|hispano]] [[Teodosio I o Grande|Flavio Teodosio]] o goberno da parte oriental, o cal foi coroado emperador de Oriente o [[19 de xaneiro]] de [[379]]. Graciano e Teodosio limparon entón os [[Balcáns]] de invasores bárbaros.
 
Durante algúns anos gobernou o imperio con éxito e enerxía, pero caeu gradualmente na indolencia, ocupándose principalmente do pracer da persecución político-relixiosa e converténdose nunha ferramenta en mans do xeneral [[francos|franco]] [[Merobaudes]] e o bispo de Milán, [[Ambrosio]].
 
Ao tomar ao seu servizo un corpo de [[alanos]] e aparecer en público coa vestimenta propia dun guerreiro [[escita]], Graciano espertou o desprezo e os resentimentos das tropas romanas. Un xeneral chamado [[Magno Máximo]] aproveitou o aumento das revoltas en [[Britania]] e invadiu a [[Galia]] cun enorme exército. Graciano, que o esperaba en [[Parides]], foi traizoado polas súas tropas e levado a [[Lión]]. Alí foi entregado polo gobernador da cidade a un dos xenerais rebeldes e asasinado o [[25 de agosto]] de [[383]].