Rumba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A '''rumba''' é un xénero musical caracterizado polos ritmos en base a instrumentos de percusión. Así mesmo a rumba pode facer referencia á canción e mais á danza …"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de xuño de 2009 ás 10:54

A rumba é un xénero musical caracterizado polos ritmos en base a instrumentos de percusión. Así mesmo a rumba pode facer referencia á canción e mais á danza relacionadas con esta música.

É orixinaria de Cuba, como combinación das tradicións musicais dos colonizadores españois e dos africanos traídos a Cuba como escravos. Trátase dun xénero musical carente de conexións relixiosas. O período de aparición da rumba data dos anos 1930 e 1940, sendo daquela a música popular de Cuba, tendo en parte evolucionado cara ao que hoxe recibe o nome de salsa.