Lucio Tarquinio Prisco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Reisderoma}}
[['''Lucio Tarquinio Prisco]]''' foi o quinto rei de [[Roma antiga|Roma]], e o primeiro de orixe [[etruscos|etrusca]], presumibelmente de ascendencia [[Corinto|corintia]]. Tras emigrar a Roma, obtivo o favor de [[Anco Marcio]], quen o adoptou como o seu fillo. Ao ascender ao trono, librou varias guerras contra [[sabinos]] e etruscos, dobrando así o tamaño de Roma e obtendo grandes tesouros para a cidade.
 
Unha das súas primeiras reformas foi engadir 100 novos membros ao [[Senado romano|Senado]] procedentes das tribos etruscas conquistadas, polo que o número de senadores ascendeu a un total de 300. Utilizou o gran botín obtido nas súas campañas militares para construír grandes monumentos en Roma. Entre estas obras destaca o gran sistema de [[sumidoiro]]s da cidade, a ''[[Cloaca Máxima]]'', cuxo fin foi drenar as augas que adoitaban estancarse nos vales situados entre os outeiros de Roma. No lugar das antigas marismas, Prisco iniciou a construción do [[Foro Romano]]. Outra das innovacións do rei foi a creación dos Xogos Romanos.
Liña 7:
 
==Véxase tamén==
 
===Outros artigos===
*[[Monarquía romana]]