Marguerite Duras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Sen resumo de edición
Liña 5:
Autora de numerosas novelas, pezas de [[teatro]], [[filme]]s e narracións curtas, sería a súa novela ''[[L'amant (novela)|L'Amant]]'' ([[1984]]) quen lle outorgaría a popularidade da que hoxe goza. Con esa novela gañou o [[Premio Goncourt]], o galardón de narrativa máis prestixiado da literatura francesa, que favoreceu a tradución da obra a máis de corenta linguas. Hoxe leva vendidos máis de 2.000.000 de exemplares. Asemade, a novela foi adaptada ao cine por [[Jean-Jacques Annaud]] en [[1992]], converténdose tamén nun éxito de público. Posteriormente, continúa publicando textos literarios até que en [[1991]] aparece ''L'Amant de la Chine du Nord'', que non sería a súa derradeira publicación, pero si a última obra relevante desde as perspectivas da crítica e do público. Esta novela considérase unha sorte de continuación e peche da narración que se comezara en ''L'Amant''. Isto é, unha viaxe ficcional sobre a súa propia existencia, a súas relacións familiares e coas colonias francesas en Vietnam.
 
Outras obras importantes son ''Moderato Cantabile'' (tamén adaptado ao cine) e o filme ''India Song''. Ao mesmo tempo, foi autora do guión do filme francés ''Hiroshima mon amour'' ([[1959]]), dirixido por [[Alain Resnais]]. O traballo literario de Duras relaciónase co movemento ''[[Nouveau Romanroman]]'' -que contou cunha proposta semellante na literatura galega, a ''[[Nova Narrativa Galega]]''- e co [[existencialismo]]. Pola súa banda, a produción cinematográfica da autora vincúlase á ''[[Nouvelle Vague]]''. Como vemos, a crítica liga tanto o traballo literario coma o fílmico con dous movementos ''nouveau'', isto é; propostas innovadoras que poñen en cuestión as formas tradicionais da arte e experimentan con novas posibilidades.
 
Morreu aos 81 anos de [[cancro]]. Está enterrada no Cemiterio de [[Montparnasse]], en [[París]].