Póstumo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Postumus
desambiguación
Liña 1:
'''Marcus Casianus Latinius Postumus''' foi o primeiro emperador do chamado [[Imperium Galliarum]] dende o ano [[259]] deica o [[268]].
 
Da súa vida sábese pouco, e cóidase que é un galo que foi subindo no exército ata chegar a ser comandante. Cando o emperador [[Galieno]]' atopou dificultades na [[Dacia]] e na [[Panonia]], nomeou o seu fillo [[Salonino]] comandante e [[césar]], xa que o sucesor de Galieno morrera de morte morrida. Pero Salonino, diante dos avances dos [[alamán]]s e [[francofrancos]]s cometeu moitos erros, tanto que as súas propias tropas se lle reviraron. Prodúcese unha sublevación das tropas, e nomean emperador a Póstumo. Este avanza cara a [[Colonia]], toma as suas murallas e mata a Salonino e o seu preceptor [[Silvano]], proclamándose emperador.
 
Galieno non estaba en condicións en [[259]] de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca [[Odenato]] o é no Oriente, xa que dividira o [[imperio]] dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.